A igrexa de San Salvador de Padróns é a igrexa parroquial de Padróns no concello de Ponteareas.

Descrición Da edificación antiga só se conservan algunhas seteiras nos muros sur e norte da ábsida e a fachada occidental cunha monumental portada do século XIII.

A portada occidental é de gardapós axadrezado con tres amplas arquivoltas apuntadas, as dúas exteriores de finas mediacanas e a inferior de dúas filas de floróns.

O tímpano é liso e o lintel en que se apoia é soportado por mochetas con esculturas de anxos. Ten tres pares de columnas de fuste esvelto e monolítico con capiteis de finas follas terminadas en volutas.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Categoría:Ponteareas Padrons San Salvador Padrons