O vombato, ás veces uombat (Vombatus ursinus),uombat no Gran dicionario Século 21 galego/castelán castelán/galego. Vigo, Editorial Galaxia, 2006. ISBN 84-8288-906-0 / Edicións do Cumio, 2006. ISBN 84-8289-354-8. é unha especie de mamífero marsupial da orde dos diprotodontes e familia dos vombátidos.Vombatus ursinus no MSW.

É o único representante vivo do xénero Vombatus, Vombatus no MSW, endémico do sueste de Australia, onde ten unha área de dispersión descontinua e fragmentada do sueste de Queensland ao sueste de Australia do Sur no continente, e nas illas de Flinders e Tasmania.McIlroy, J. C. (2008): "Common Wombat, Vombatus ursinus". En: S. Van Dyck & R. Strahan, eds., The mammals of Australia. Third Edition, pp. 206-208. Sydney, Australia: Reed New Holland. Encóntrase desde o nivel do mar até altitudes dos 1 800 m.Taggart, D.; Martin, R. & Menkhorst, P. (2008): Vombatus ursinus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN Versión 2015-4. Consultada o 30-04-2016.

Características O vombato ten a aparencia dun pequeno oso (de aí o seu nome específico), moi musculado e coas patas moi curtas.

A coloración da súa pel pode ser beigue, parda, negra ou gris. Mide até 1,20 m de longo e 70 cm de alto, e pesa entre os 20 e os 35 kg.

Como todos os marsupiais, ten unha bolsa ventral ou marsupio, que contén un só par de mamas. Este marsupio ten a vantaxe, para un escavador de tobos, que se pode pechar para que a terra non entre nel. Ademais ten un escudo, unha placa ósea nas nádegas, debaixo da pel; cando un depredador o persegue, pecha a entrada do seu tobo con este escudo.

A súa fórmula dentaria é 1.0.1.4 / 1.0.1.4.

Bioloxía Nutrición miniatura|esquerda|190px|Dentición, ilustración en Sketches in Natural History, de Knight. miniatura|esquerda|190px|Bosta de Vombatus ursinus. O vombato é fitófago, alimentándose de herbas, raíces, fungos e cascas de árbore e arbustos. Os seus dentes incisivos (similares aos dos roedores), son de crecemento continuo, característica que só se dá entre os vomátidos, a diferenza do que ocorre nos outros marsupiais.

Ten un metabolismo extraordinariamente lento: tarda ao redor de dúas semanas en facer a dixestión, o que o axuda a vivir nos seus ambientes áridos.David W. MacDonald, ed. (1984): The Encyclopedia of Mammals. New York: Facts on File. ISBN 978-0-8719-6871-5, pp. 876–877.

Ademais, non adoita moverse con rapidez; porén, é un animal áxil e veloz que, en caso necesario, pode facilmente superar a un home en carreira (pode alcanzar até os 40 km/h e manter esa velocidade durante 90 segundos). Aínda que son animais principalmente crepusculares e nocturnos, aventúranse tamén a buscar alimento durante o día, cando vai frío ou o día e moi nubrado.

Reprodución O período de xestación adoita durar uns 20 ou 21 días. Despois do parto, as crías viven no ben desenvolvido marsupio seis ou sete meses; aos 15 meses de idade son destetados. Alcanzan a idade reprodutiva aos 18 meses.

Costumes Os vombatos escavan extensos tobos cos seus dentes incisivos e as súas poderosas garras. Ocupan territorios ao redor dos seus tobos, que defenden contra os intrusos. Este territorio pode cubrir até 23 hectáreas.

A súa principal defensa contra un depredador baixo terra é esmagalo contra o teito do túnel até que o invasor deixa de respirar.

Non se deixan ver tan facilmente como outros animais, pero si adoitan deixaren pegadas visíbeis do seu paso, como as súas típicas bostas cúbicas.

Taxonomía miniatura|250px|Esqueleto do vombato. miniatura|250px|Vombatus ursinus na neve. miniatura|250px|Femia de Vombatus ursinus coa súa cría na bolsa marsupial abríndose cara a atrás. miniatura|250px|Boca dun tobo de vombato, e bosta, no Parque Nacional de Narawntapu, Tasmania. miniatura|250px|Lámina de 1807 do vombato da illa King, hoxe extinto.

Descrición Xénero O xénero Vombatus foi descrito por primeira vez en 1803 polo naturalista francés Étienne Geoffroy Saint-Hilaire, nun traballo publicado no Bull. Sci. Soc. Philom. Paris, 72: 185.

Especie En canto á súa única especie, Vombatus ursinus, descrbíraa en 1800 o botánico e zoólogo británico George Kearsley Shaw, en Gen. Zool. Syst. Nat. Hist., 01 (2, Mammalia): 504, co nome Didelphis ursina.

Posteriormente reclasificouse dentro do xénero Vombatus.

Etimoloxía Xénero O nome científico do xénero, Vomabatus é a adptación ao latín científico do termo inglés wombat, que provén da lingua eora falada pola comunidade aborixe que vivía na rexión de Sydney.

Especie O epíteto específico, ursinus, deriva do latín ursus -i, 'oso'.

Sinónimos Xénero Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero tamén se coñece polos sinónimos seguintes:

Amblotis Illiger, 1811 Opossum Perry, 1810 Phascolomis É. Saint-Hilaire, 1803 Phascolomus Rafinesque, 1815 Phascolomys Duméril, 1806 Wombatus Desmarest, 1804

Especie Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse ao longo da historia polos sinónimos: Vombatus angasii (Gray, 1863) Vombatus assimilis (Krefft, 1872) Vombatus bassii (Lesson, 1827) Vombatus fossor (Desmarest, 1804) Vombatus fuscus (Tiedemann, 1808) Vombatus hirsutum (Perry, 1810) Vombatus mitchelli (Owen, 1838) Vombatus niger (Gould, 1863) Vombatus platyrhinus (Owen, 1853) Vombatus setosus (Gray, 1863) Vombatus tasmaniensis (Spencer & Kershaw, 1910) Vombatus vombatus (Leach, 1815) Vombatus wombat (Voigt, 1802)

Subespecies Na especie Vombatus ursinus distínguense tres subespecies, aínda que a súa distinción é algo incerta: V. u. hirsutus, que se encontra no Contienete australiano. V. u. tasmaniensis, que habita en Tasmania. Es máis prequena que V. ursinus hirsutus. V. u. ursinus, a suebespecie nominal, que antigamente se encontraba en todas as illas do estreito de Bass, pero actualmente está confinada na illa de Flinders, ao norte de Tasmania. A súa poboación estimábase en 4 000 individuos en 1996, e por iso figura como vulnerábel na lista da Environment Protection and Biodiversity Conservation Act 1999, e na Lista vermella da UICN.Vombatus ursinus ursinus — Common Wombat (Bass Strait)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, Malcolm C.; Bell, Susan K., eds. (1997). Classification of mammals – above the species level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1012-9. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Vombátidos

Ligazóns externas Para o xénero Vombatus Saint-Hillaire 1803 (common wombat) en Fossilworks. Vombatus É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1803 no ITIS. Vombatus na ADW. Vombatus na EOL.

Para a especie Vombatus ursinus (Shaw, 1800) no ITIS. Vombatus ursinus na ADW . Vombatus ursinus na EOL .

Categoría:Marsupiais Categoría:Fauna de Australia Categoría:Animais descritos en 1800