O Stade Toulousain é un club de rugby francés, da cidade de Tolosa. É considerado como un dos equipos máis importantes do rugby de Francia e de Europa coas súas 6 Copas de Europa.
Traxectoria O club foi fundado en 1907 da fusión dos dous clubs de estudantes de Tolosa. O club perde a súa primeira final no ano 1909 fronte ao Stade Bordelais mais uns anos máis tarde o club da "Virxe Vermella" (ese é o seu alcume dende aquela) gañou o seu primeiro título na final do campionato francés fronte ao Racing Club de France.
Na década de 1920 o rugby convértese no "Deporte Rei" en Francia, e o Stade Toulousain gañou tres títulos máis (1922, 1923, 1924). Mais o Toulousain terá que agardar ata o final da segunda guerra mundial para poñer de novo a súa pegada no palmarés do Campionato (1947).
Despois de anos de seca, na década de 1970 o Béziers impúxose coma o máximo dominador do rugby de Francia, o club volve ser Campión e a levantar o famoso Escudo de Brennus no ano 85. Grazas a unha nova xeración de adestradores e xogadores, o Stade Toulousain consegue ser a máxima referencia do rugby francés e europeo inventando un novo xeito de xogar, baseada no espectáculo e a eficacia, que segue inspirando a moitos adestradores no mundo.
En 1996, logo da legalización do rugby profesional pola International Rugby Board, os mellores clubs e provincias de Francia, Escocia, Gales, Italia e Romanía compiten na primeira Copa de Europa (chamada Heineken Cup) o Stade Toulousain imponse como o primeiro club en ser Campión de Europa gañando a final contra o Cardiff RFC. A final xogouse no Arms Park de Cardiff. O Toulousain ergueu a Heineken Cup dúas veces máis en 2003 e 2005, o que fai ao club occitano o que máis Copas de Europa ten (ademais perdeu as finais de 2004 fronte aos London Wasps e 2008 fronte ao Munster Rugby de Irlanda). En 2010 acadou a súa cuarta Copa de Europa.
Palmarés Heineken Cup: Campión: 1996, 2003, 2005, 2010, 2021 (5) Finalista: 2004, 2008 Top 14: Campión: 1912, 1922, 1923, 1924, 1926, 1927, 1947, 1985, 1986, 1989, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2001, 2008, 2011, 2012, 2019, 2021 (21) Subcampión: 1903, 1909, 1921, 1969, 1980, 1991, 2003, 2006 Coupe de l'Espérance: Campión: 1916 Finalista: 1917 Challenge Yves du Manoir: Campión: 1934, 1988, 1993, 1995, 1998 (5) Finalista: 1971 1984 Copa de Francia de rugby: Campión: 1946, 1947, 1984 (3) Finalista: 1949, 1985 Campionato do Mundo de clubs de rugby: Campión: 1986
Tempada actual
Véxase tamén
Outros artigos Top 14
Ligazóns externas Site oficial do club TOULOUSAINS 2 PARIS
Toulouse