Gertrude Franklin Horn Atherton, de solteira Gertrude Franklin Horn, nada en San Francisco o 30 de outubro de 1857 e finada o 14 de xuño de 1948 na mesma cidade, foi unha escritora norteamericana.
Traxectoria Naceu e viviu en California toda a súa vida, casou con George Atherton cando só tiña 19 anos e con el tivo dous fillos. Ao seu home desgustáballe que escribise, e a publicación en folletín da súa primeira novela, The Randolphs of Redwoods (1882), aínda que ía sen sinatura, escandalizou a toda a familia.
Logo da morte do seu home en 1887, comezou a súa verdadeira carreira de escritora, escribiu 60 libros e numerosos artigos, a súa primeira novela con sinatura publicouna en 1888, What Dreams May Come, aínda que baixo o pseudónimo de Frank Lin.
As súas novelas amosan heroínas cunha vida moi independente, sen dúbida unha reacción á súa vida de casada. As súas novelas máis coñecidas son The Californians (1898) The Splendid, Idle Forties (1902), The Conqueror (1902) e Black Oxen (1923).
Véxase tamén Ligazóns externas Obras de Gertrude Atherton no proxecto Gutenberg
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1857 Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Finados en 1948