dereita|miniatura|Placa da rúa de Isabel Zendal na Coruña.
miniatura|Placa da rúa Juan Flórez
dereita|miniatura|Sinalización do Camiño de Santiago.
A hodonimiaAínda que ás veces se ve escrito sen o h inicial, a súa etimoloxía e a ortografía prescrita polo VOLG para palabras da mesma familia léxica indican que debe escribirse con hache. No VOLG aparecen hodometría e hodómetro reenviadas dende as formas sen hache, pero ningunha palabra co prefixo odo- que teña este significado. Con todo, no seu uso como sufixo, perde o hache etimolóxico: ánodo, cátodo ou díodo son exemplos disto. (do grego ὁδός hodós, "camiño" + ὄνομα ónoma, "nome") é unha rama da onomástica que se refire aos topónimos que consisten no nome da vía de comunicación, tanto natural coma artificial, que os caracteriza.
Hodónimos recoñecibles
A Estrada Vao Hondarribia Ford, Oxford, Frankfurt Collado Villalba El Paso
Algúns topónimos referentes a construcións humanas poden considerarse tamén hodónimos, como , por exemplo, Ponte ou A Ponte. Deste nome derivan outros hodónimos como As Pontes de García Rodríguez, Ponteceso, Pontecesures, A Ponte Maceira, A Ponte Ulla, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova ou Pontevedra.
Os nomes das rúas Por hodonimia tamén se entende o estudo dos nomes que se dá ás rúas e calquera tipo de vía nos núcleos de poboación, como avenidas, prazas, calellas, ruelas, paseos, bulevares, roldas, glorietas, e mesmo parques urbanos e xardíns públicos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Hodonimia de Barcelona Onomástica
Categoría:Toponimia