A Estación de Xerez da Fronteira é unha estación de ferrocarril situada na cidade de Xerez da Fronteira, provincia de Cádiz. Está incluída dentro da rede de estacións de Adif. É ademais unha das estacións cabeceira da liña C-1 de Proximidades Cádiz e paran tamén nela trens de Media distancia e de Longa distancia.
É a estación con máis tránsito de pasaxeiros da provincia e a cuarta de Andalucía, tras Sevilla-Santa Justa, Córdoba Central e Málaga-María Zambrano"Las estaciones de Algeciras, Cádiz y Jerez de ADIF registran más de dos millones de usuarios hasta septiembre", nova en Europa Press ."La estación de tren de Jerez cerró 2008 con 1,5 millones de usuarios", nova en La Voz Digital ..
Servizos ferroviarios Proximidades Cádiz e Media Distancia A estación ten servizo de Proximidades Renfe cunha frecuencia que oscila entre 30 e 60 min os días laborables e 60 min os fins de semana e festivos. No sistema tarifario de Proximidades Cádiz sitúase esta estación en zona 5.
Os trens de Media distancia que paran nesta estación son de tipo Andalucía Exprés, efectuando parada o 100% dos trens da liña A-1.
Orixe/destino < Liña > Destino/orixe Cádiz El Puerto de Santa María 25px terminal <big><font color=#08729a>A-1</big></font> Lebrija Sevilla-Santa Justa
Longa distancia Os trens de longa distancia que teñen parada nesta estación son os seguintes:
Tren << >> Observacións Alvia Cádiz Madrid-Puerta de Atocha 2 trens diarios TrenhotelAntonio Machado Cádiz Barcelona-Sants vía Valencia
Durante o 2008 a liña de Alta Velocidade entre Cádiz e Sevilla atópase en proceso de construción. Esta liña será de ancho ibérico con travesa polivalente, unha vez as obras conclúan esta estación poderá acoller este tipo de servizo.
Por outra banda, confirmouse que con esta liña construirase un apeadoiro para a parada da Alta Velocidade na contorna do Aeroporto de Xerez, situado a 8 km ao nordés do centro da cidade.
Notas
Xerez Categoría:Xerez da Fronteira