El pisito é un filme español dirixido por Marco Ferreri e estreado o 15 de xuño de 1959. A película está baseada na novela homónima de Rafael Azcona.
Sinopse No Madrid de finais dos anos cincuenta, Petrita (Mary Carrillo) e Rodolfo (José Luis López Vázquez) son noivos dende hai doce anos, pero non poden casar por falta de medios para adquirir unha vivenda. Petrita, finalmente, encontra unha solución: Rodolfo casará con Doña Martina, unha anciá propietaria dun contrato de alugamento de baixa renda, para logo cando morra herdar o seu alugueiro.
Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por Marco Ferreri