Soraya Arnelas Rubiales, máis coñecida como Soraya, nada en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 13 de setembro de 1982, é unha cantante española.
O seu debut discográfico comezou con Corazón de fuego lanzado en 2005, baixo os selos discográficos de Santarder Records e Vale Music. En total lanzou catro álbums de estudio e nove singles.
O 16 de maio de 2009, participou como representante de España no Festival de Eurovisión, coa canción La noche es para mí.
Comezo artístico miniatura|150px|Soraya nas festas de La Mercè, en Barcelona, en 2006. Naceu o 13 de setembro de 1982 en Valencia de Alcántara (Cáceres). Creceu e criouse na súa vila natal na que realizou os seus estudos escolares no colexio concertado Nuestra Señora de los Remedios, que alcanzan ata 2º de bacharelato. Tras traballar un tempo en Radio Frontera, a radio local, dedicouse á profesión de azafata de voo, traballo que durante a súa aprendizaxe permitiulle o dominio do inglés, francés e portugués.
Soraya entrou no concurso televisivo Operación Triunfo na súa cuarta edición. Ao contrario que os seus compañeiros, entrou na academia sen experiencia algunha posto que nunca cantara de xeito profesional. Non foi unha das favoritas do público, pero si do xurado, que só a nomeou nunha ocasión na que foi salvada polos profesores da academia. Chegou á gala final do concurso xunto a Sergio Rivero e Víctor Estévez, proclamándose segunda finalista tras non poder superar a Sergio, que gañou cun 53% dos votos fronte ao 47% conseguido por Soraya.
Discografía Álbums de estudio 2005: Corazón de fuego 2006: Ochenta's 2007: Dolce Vita 2008: Sin miedo 2010: Dreamer
Singles 2005: "Mi mundo sin ti" 2006: "Corazón de fuego" 2006: "No debería" 2006: "Fruto prohibido" 2006: "Self control" 2007: "Call me baby" 2007: "La dolce vita" 2008: "Words" 2008: "Sin miedo" 2009: "La noche es para mí" 2009: "Caminaré" 2010: "Live Your Dreams" (con Antoine Clamaran) 2010: "Dreamer" 2011: "Stick Shift" (con Antoine Clamaran) 2012: "Feeling You" (con Antoine Clamaran e Vince M.) 2013: "Con fuego" (con Aqueel)
Colaboracións musicais Fruto prohibido – con Santa Fe (2006) No debería – con Antonio Romero (2006) Tonight We Ride – con Kate Ryan (2008) Caminaré – con Kate Ryan (2008)
Ligazóns externas
Páxina web oficial da cantante
Categoría:Cantantes de España Categoría:Concursantes de Operación Triunfo Categoría:Representantes de España en Eurovisión Categoría:Nados en Valencia de Alcántara Categoría:Nados en 1982