250px|miniatura|Vista aérea de Sant Jaume de Frontanyà Sant Jaume de Frontanyà é un municipio español, da provincia de Barcelona en Cataluña. Forma parte da comarca do Berguedà e esténdese por unha superficie de 21,3 km². No ano 2010 o concello tiña 24 habitantes, sendo o concello menos poboado de Cataluña, e á súa vez da provincia de Barcelona.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 214 198 15921202829

Lugares de interese Mosteiro de Sant Jaume de Frontanyà, do século XI. Ermida de Sant Esteve de Tubau, de orixe prerrománica. Santuario da Verge dels Oms, do século XVIII.

Política e administración Debido á súa escasa poboación funciona en sistema de concello aberto. Este pequeno concello barcelonés é coñecido tamén por ser un dos primeiros concellos que votou a favor na consulta pola independencia catalá, o 12 de decembro de 2009. O referendo, sen validez legal algunha, foi aprobado con 18 dos votos a favor da independencia e 1 deles en contra das 19 papeletas contabilizadas.

Festividades Luns de Pascua- Aplec del Santuari dels Oms 1 de maio- Festa del Pa 25 de xullo- Festa Maior de Sant Jaume

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona