A Associazione Hockey Marzotto Valdagno, máis coñecido coma Hockey Valdagno, é un club de hóckey a patíns da cidade italiana de Valdagno, na provincia de Vicenza, que actualmente compite na Liga italiana Serie A.
O nome Marzotto deriva do seu patrocinador histórico: a fábrica téxtil Marzotto, con sede en Valdagno.
Historia O club foi fundado no 1938 e inicialmente recibía o nome de CRAL Marzotto, mais logo adoptará a denominación actual: Associazione Hockey Marzotto Valdagno.
A actividade deportiva do club interromperase durante os anos da segunda guerra mundial, na que Italia se veríoa afectada. Ao finalizar a Guerra o equipo volverá á súa actividade e volverá ás competicións no ano 1946.
Ao finalizar a tempada 2007-08, acada o seu mellor resultado histórico co subcampionato da Copa CERS e o cuarto posto no Campionato do Mundo de Clubs e o quinto posto na Liga italiana Serie A. Xa na tempada 1961-62 acadou o terceiro posto da Serie A, e na 1997-98 acadou o seu único título relevante, a Copa da Liga
Palmarés 1 Supercopa de Italia (2010-11) 1 Liga de Italia (2009-10)
Véxase tamén
Categoría:Equipos de hóckey a patíns de Italia