O Reus Deportiu é un club polideportivo catalán, da cidade de Reus (Tarragona). É especialmente coñecido polo seu equipo de hóckey a patíns, aínda que tamén ten seccóns de xadrez, atletismo, baloncesto, excursionismo, ximnasia rítmica, patinaxe artística, rugby, tenis, tenis de mesa, espeleoloxía e balonmán, entroutras. Foi fundado en 1909, aínda que non debe confundirse co CF Reus Deportiu; a pesar de que ámbolos dous clubs compartiron un pasado común, e as mesmos cores (negro e vermello), dende 1951 son sociedades distintas.

Historia O Reus Deportiu foi constituído oficialmente o 23 de novembro de 1909 baixo o nome Club Deportiu. En 1917 absorbe ao Club Velocipedista e ao Sport Club Reus, e adopta o nome de Reus Deportiu actual.

En 1919 vaise abrir un campo deportivo no Camiño de Aleixar. Un novo recinto polideportivo inaugúrase en 1927. En 1936 o polideportivo vaise renomear Casal Reusenc d'Esport i Cultura e os equipos Reus Popular. En 1939 vaise reconstituír e reiniciar a actividade en 1940 establecendo a sede social (a anterior fóra destruída polos bombardeos na guerra civil) no Café España, na Praza do Prim. No 1951, a causa dos problemas económicos que padecía a entidade, o fútbol escíndese nunha nova entidade, o CF Reus Deportiu. En 1962 inaugúranse as novas instalacións do pavillón de deportes de Reus. No ano 1973 o presidente Andreu Olesti Cabrito, un industrial químico da localidade, vai inaugurar o pavillón de deportes. Mais logo o club vaise endevedar e, a causa diso, vai pasar unha crise que en 1975 obrígalle a vender parte dos terreos sociais incluído o campo de fútbol onde se construirán edificios. En 1977 ábrese o novo campo de fútbol. Nos anos '80 a crise remata coa venda de máis terreos aos construtores. En 1994 por convenio, o campo de fútbol pasa a ser municipal. En 1995 dimite o presidente, o construtor Pere Vinaixa i Ollé, e é elixido Joan Sabater i Escudé, comerciante, ex xogador de hóckey e político da UDC.

Palmarés Hóckey a patíns 1 Mundial de clubs (2008) 1 Copa Intercontinental (2010) 8 Copas de Europa (1967, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 2009 e 2017) 1 Recopa de Europa (1984) 2 Copas CERS (2003 e 2004) 1 Copa Continental (2010) 1 Pequena Copa do Mundo de Clubs (1969) 5 Ligas españolas (1969-70, 1970-71, 1971-72, 1972-73 e 2010-11) 3 Ligas nacionais (1965-66, 1966-67 e 1968-69) 6 Copas do Rei (1966, 1970, 1971, 1973, 1983 e 2006) 2 Campionatos de España (1947 e 1952) 1 Campionatos de Cataluña (1967) 2 Supercopas de España (1984 e 2006)

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do Reus Deportiu

Categoría:Equipos de hóckey a patíns de Cataluña Reus Reus Categoría:Reus Categoría:Premio Creu de Sant Jordi