Richard Adolf Zsigmondy, nado en Viena (Imperio austríaco, agora Austria), o 1 de abril de 1865 e finado en Göttingen (Alemaña) o 23 de setembro de 1929, foi un químico austríaco-alemán de ascendencia húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1925.

Traxectoria Zsigmondy foi fillo de Irma von Szakmary e Adolf Zsigmondy Sr., quen fora un científico e inventara instrumentos cirúrxicos no campo da odontoloxía. Creceu coa súa nai tras a temperá morte do seu pai en 1880 e recibiu unha extensa educación mentres, á vez, gozaba de afeccións como a escalada e o montañismo cos seus irmáns. No instituto desenvolveu un interese nas ciencias naturais, especialmente en química e física, e comezou a realizar experimentos no seu propio laboratorio na casa.

A súa carreira académica comezou na facultade de medicina da Universidade de Viena, pero pronto se cambiou á Universidade Técnica de Viena e máis tarde á Universidade de Múnic para estudar química. En Múnic o seu profesor foi von Miller, e foi onde comezou a súa carreira científica en investigación. Volveu a Austria en 1893 para traballar como un asistente do profesor en Graz. Durante o seu traballo en Graz completou o seu traballo de investigación máis destacado, o traballo na química dos coloides (un tipo de vidro coloreado).

A súa carreira científica continuou en Göttingen, Alemaña, como profesor de química, onde permaneceu o resto da súa carreira profesional. En 1925 Zsigmondy recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre os coloides durante o seu tempo en Graz.

Morreu só uns poucos anos logo da súa xubilación, en 1929 en Göttingen.

Recoñecementos O cráter Zsigmondy na lúa chámase así na súa honra.

Véxase tamén Premio Nobel de Química

Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1925 Biografía na páxina dos Premios Nobel Perfil de Richard Adolf Zsigmondy NNDB

Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Químicos de Austria Categoría:Químicos de Hungría Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Nados en Viena Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Alumnos da Universidade Técnica de Viena Categoría:Premios Nobel de Austria Categoría:Premios Nobel de Hungría