O Val de Jiuzhaigou (九寨沟 en chinés, Sicadêgu en tibetano) é unha reserva natural no norte da provincia de Sichuan da República Popular da China, coñecida polas súas cataratas e lagos, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1992.
Xeografía O Val de Jiuzhaigou queda ao sur dos montes Minshan, a 330 quilómetros ao norte da cidade de Chengdu preto do límite coa provincia de Gansu, forma parte da Prefectura Autónoma Tibetana e Qiang de Ngawa e do condado de Jiuzhaigou.
O espazo protexido cobre unha área de 720 km² cunha altitude que varía segundo a zona, entre os 1.998 a 2.140 m e os 4.558 - 4.764 m. O clima no val é frío, a temperatura media rolda os 7.2 °C., coa mínima de -1 °C en xaneiro e a máxima de 17 °C en xullo. O volume anual de precipitacións é de 661 mm, o 80% entre maio e outubro. miniatura|200px|Lago en Jiuzhaigou
Historia miniatura|200px|Lago Panda A área é unha zona remota habitada polo pobo tibetano durante séculos, en 1997 vivían no val 130 familias en sete aldeas totalizando uns 1000 habitantes, tradicionalmente dedicados á agricultura e á silvicultura, actividades que desde a declaración de reserva natural está prohibida, dedicándose a poboación a actividades relacionadas co turismo, os turistas que eran tan só 5000 en 1984 chegaron a 1.190.000 en 2002.
Véxase tamén
Ligazóns externas Jiuzhaigou National Park official website Jiuzhaigou at the World Heritage Sites of UNESCO Jiuzhaigou at the MAB Biosphere Reserves of UNESCO Jiuzhaigou at the Terrestrial Ecosystem Monitoring Sites (TEMS) of FAO
Categoría:Patrimonio da Humanidade na China Categoría:Xeografía da China