Alfonso Gayoso Frías, nado en Ourense en 1905 e finado en Buenos Aires en 1970, foi un escritor galego.

Traxectoria Fillo de Remedios Frías Carballo e Jesús Gayoso. Foi profesor de inglés nos Estados Unidos. Regresou a Galicia coa Segunda República. En 1931 organizou o sindicato da Federación de Traballadores da Terra da UGT con Benigno Álvarez e Santiago Álvarez. A comezos de 1936 fundou a Federación Campesiña Provincial de Ourense do PCE. Foi secretario agrario do Comité executivo provincial do PCE de Ourense. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Barbadás. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou evadirse da zona franquista, incorporándose ao 4º Batallón da 1ª Brigada do Exército Popular Republicano. Despois dun longo éxodo por Marrocos, os Estados Unidos, Cuba e Venezuela, instalouse en Buenos Aires. Alí colaborou en Opinión Gallega, foi fundador e director da revista poética Eufonía (1958-1959) e membro da comisión de cultura do Consello de Galiza. Foi propietario da axencia de viaxes Agencia Frías.

Obra Os fidalgos de Rante, 1955 (teatro). Galeguidade (Humor, saudade e patria), 1958 (poesía). Namoros e regueifas. Guión pra teatro ou cine en duas xornadas, 1970 (poesía).

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Secundino Fernández Gómez, Armando Fernández González, Miguel Formigo Vázquez, Ceferino Fuentes Pérez, Cástor Gómez Pérez, José Guede Franco, Ramón Iglesias Mar, Alfonso Gayoso Frías, Julio Navares Castro e José Villar Lafuente. Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Remedios Frías Carballo

Categoría:Concelleiros de Barbadás Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Poetas de Galicia

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes