Solenogastros 210px Epimenia verrucosa Clasificación científica Reino: Animalia Subreino: Eumetazoa Sen rango: Bilateria Superfilo: Lophotrochozoa Filo: Mollusca Clase: Solenogastres Ordes Cavibelonia Neomeniamorpha Pholidoskepia Sterrofustia Os Solenogastros (Solenogastres), Solenogástreos (Solenogastrea) ou Neomeniomorfos (Neomeniomorpha) son unha clase moluscos vermiformes exclusivamente mariños que viven e se alimentan sobre cnidarios a grandes profundidades (por debaixo dos 200 m). Son epifaunais, a diferenza dos caudofoveados que viven baixo o substrato (infaunais). Coñécense unhas 250 especies.

Como os caudofoveados, carecen de cuncha e por isto antes agrupábanse con eles na clase dos aplacóforos, hoxe considerada por moitos autores como parafilética debido a existencia de novas probas moleculares, fundamentalmente .Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3.

Características Os solenogastros son moluscos pequenos (en xeral de menos de 5 cm). Carecen de cuncha, ollos e tentáculos. A epiderme presenta na súa parte máis externa unha cutícula quitinosa e espículas de calcita e aragoníticas. Presentan un pé que esvara atravesado por un suco lonxitudinal ventral chamado suco pedal ou pedio. A cavidade paleal está moi modificada e non amosan ctenidios (branquias). Presentan unha boca anterior con cirros ou papilas sensoriais. O aparato dixestivo presenta divertículos intestinais que maximizan a superficie de absorción de nutrientes. Presentan glándulas salivares moi elaboradas utilizadas para a clasificación taxonómica e algunhas especies teñen rádula.

Son hermafroditas (monoicos) con fecundación cruzada; os gametos saen á cavidade paleal polos gonoductos a través da cavidade pericárdica. Presentan unha endolarva lecitotrófica (aliméntase do vitelo do ovo), ou unha larva trocófora planctotrófica (aliméntase de plancto) nalgunhas especies.

Clasificación Dentro dos solenogastros coñécense os seguintes Ordes:

Clase SOLENOGASTRES

PHOLIDOSKEPIA Dondersiidae Sandalomeniidae Gymnomeniidae [+Wireniidae] Lepidomeniidae Macellomeniidae NEOMENIAMORPHA Neomeniidae Hemimeniidae STERROFUSTIA Phyllomeniidae Imeroherbiidae Heteroherbiidae CAVIBELONIA Pararrhopaliidae Acanthomeniidae Amphimeniidae Simrothiellidae Drepanomeniidae Strophomeniidae Proneomeniidae Epimeniidae Syngenoherbiidae Rhipidoherpiidae

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Molusco Caudofoveado

Categoría:Solenogastros