Antonio Guillán Hermo, nado no Xobre ou O Maño (A Pobra do Caramiñal) en 1900 e finado en Pontevedra en 1985, foi un mestre e poeta galego.

Traxectoria Fillo do mestre Antonio Guillán Pazos, naceu na parroquia do Xobre. Cursou estudos de maxisterio e logo de superar as oposicións a mestre casou con María Fajardo Silva, tamén mestra, exercendo ámbolos dous a docencia en distintos colexios de Galicia. A maior parte da súa vida transcorreu entre Vilalonga (Sanxenxo), Vigo e Pontevedra, onde residiu coa súa familia ata a súa morte en 1985.

A pesar de non militar en partido político ningún, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, cando era mestre en Sárdoma, foi represaliado e perdeu o seu posto de traballo, que conseguiu recuperar máis tarde. Debido aos seus problemas de visión, obtivo unha praza de mestre no Colexio da ONCE en Pontevedra, onde exerceu a docencia até a súa xubilación. Foi a partir desas datas cando puido recompilar e rematar a súa obra, que verá a luz en dúas publicacións consecutivas: Xuncos e O libro dos soños.

Foi un grande estudoso e coñecedor das letras galegas, profundo admirador da obra de Curros e de Pondal, polos que sentía un respecto reverencial. Esa influencia apréciase tanto nos temas da súa poesía como na forma e métrica dos seus versos. Colaborou en Mundo Gallego.

Os seus temas, a maioría deles profundamente galegos, denotan o amor pola súa terra e un fino sentido humorístico.

A súa derradeira obra publicada, O libro dos soños conta coa colaboración de famosos pintores galegos coma Manuel Aramburu, Manuel Pesqueira, Xulio Maside ou Manuel Torres."Un poeta nado no Xobre e esquecido na súa vila" / Pastor Rodríguez. La Voz de Galicia, Barbanza, 29-1-2010, L.8.

Obra Xuncos, 1979 (poemario). O libro dos soños, 1984 (poemario).

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes