miniatura|Ascensión de Xesús, obra de Giotto.

O Día da Ascensión é unha festa cristiá que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección (durante o Tempo pascual) e que conmemora a ascensión de Xesucristo ao ceo en presenza dos seus discípulos tras anunciarlles que lles enviaría o Espírito Santo.

Doutrina cristiá A doutrina cristiá sostén comunmente que Cristo ascendeu en forma física ao Ceo tras a súa Resurrección en presenza dos seus Apóstolos. Enténdese por "ascender ao ceo" unha unión física con Deus Pai e non unha transformación espiritual do individuo como é habitual nas experiencias místicas doutras relixións.

Este aspecto do misterio pascual relaciónase coa importancia dada pola teoloxía cristiá á corporeidade, que a Palabra de Deus asumiu na Encarnación, que é glorificada na Ascensión de Cristo á dereita de Deus Pai e que os mortos recobrarán, dalgún xeito, na Resurrección do fin dos tempos.

Nárrase este episodio en Marcos 16, 19; Lucas 24, 50-51 e Feitos dos Apóstolos 1, 9-11. A liturxia cristiá afirma a Ascensión no Credo de Nicea-Constantinopla e no Credo dos Apóstolos.

Data

Día da Ascensión, 2010-2020 Ano Catolicismo e Protestantismo Ortodoxia201013 de maio 20112 de xuño201217 de maio24 de maio 20139 de maio13 de xuño201429 de maio201514 de maio21 de maio20165 de maio9 de xuño201725 de maio201810 de maio17 de maio201930 de maio6 de xuño202021 de maio28 de maio

Ascensión Categoría:Eventos na vida de Xesús