miniatura|Representación visual das diferentes táboas de multiplicación do 2 ó 50. Un múltiplo é un tipo de numeral. Un múltiplo expresa multiplicación pola serie natural dos números a partir de dous: dobre, triplo etc. Por tanto, dobre equivale a multiplicado por dous, triplo a multiplicado por tres etc.

Lista de múltiplos

Os múltiplos con forma propia son: dobre; duplo/a triplo/a cuádruplo/a quíntuplo/a séxtuplo/a séptuplo/a óctuplo/a nónuplo/a décuplo/a céntuplo/a

Os restantes fórmanse mediante o cardinal correspondente seguido da palabra veces.

Función sintáctica

Como categoría gramatical, un múltiplo pode ter función pronominal (cando suple a un nome) ou adxectiva (cando o acompaña), por exemplo: Pronomes: Saquei o dobre de libros da biblioteca para esta fin de semana. A lebre pesa o dobre ca o coello. A presa tén o quíntuplo de auga que en verán. Adxectivos: Cómpre reforzar este amaño cunha soldadura dobre. Este novo dispositivo de almacenamento tén tripla capacidade.

Verbos derivados

Os numerais múltiplos dan orixe aos seus respectivos verbos, por exemplo: dobre dá dobrar duplo dá duplicar triplo dá triplicar cuádruplo dá cuadriplicar quíntuplo dá quintuplicar séxtuplo dá sextuplicar séptuplo dá septuplicar décuplo dá decuplicar céntuplo dá centuplicar

Outras formas derivadas

Algúns numerias múltiplos orixinan outras formas léxicas: De dobre: dobra, dobradura, dobramento, dobraxe, dobregar, dobremente, dobrez, dobrón. De duplo: dúplex, duplicación, duplicado, duplicador, dúplice, duplicidade, duplicidentados. De triplo: triplete, triplicación, triplicador.

Os múltiplos en matemáticas

Fálase de múltiplo cando se está a tratar con cantidades que multiplican a outra.

Un múltiplo dun número é outro número que o contén un número enteiro de veces. Doutro xeito, un múltiplo de n é un número tal que, dividido por n, da como resultado un número enteiro (xa que o resto da división euclidiana é cero). Os primeiros múltiplos do un ó dez adoitan agruparse nas chamadas táboas de multiplicar.

Exemplo: 18 é múltiplo de 9. a=18 b=9 a=2·b En efecto, 18 contén 9 dúas veces de xeito exacto.

Propiedades dos múltiplos Se a é un múltiplo de b, entón b é un divisor de a. Todo número enteiro é múltiplo de 1 e de si mesmo. Cero (0) é múltiplo de calquera número. Se a e b son múltiplos de n, entón a+b, a-b, ka e kb sóno para calquera número k natural.

Submúltiplos

Un número enteiro a é submúltiplo doutro número b só se b é múltiplo de a.

Propiedades dos submúltiplos

O número un é submúltiplo de calquera número. Todo número é submúltiplo de si mesmo. Todo número é submúltiplo do número cero.

Véxase tamén

Outros artigos Divisibilidade Táboa de multiplicar Táboa de divisores

Ligazóns externas Documentos de referencia da Real Academia Galega: Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego Criterios para saber se un número é múltiplo doutro Táboas de Múltiplos e Submúltiplos para Imprimir

Categoría:Clase de palabra