miniatura|300px|Lucas vai lanzar un penalti nun Deportivo da Coruña - SD Eibar. A Sociedad Deportiva Eibar (en éuscaro: Eibar Kirol Elkartea) é un club de fútbol vasco da cidade de Éibar, en Guipúscoa. Fundouse en 1940 e xoga na Segunda División. Trátase do equipo que máis anos consecutivos permaneceu na Segunda División de España, cun total de 18. Na tempada 2013–14 conseguiu, por primeira vez na súa historia, o ascenso a Primeira División, logo de ascender o ano anterior de Segunda División B.

É o primeiro club de fútbol de España que conta co certificado de calidade UNE-EN-ISO 9001.

Uniforme Uniforme titular: camiseta a raias verticais azuis e granates, pantalón azul, medias azuis. Uniforme alternativo: camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.

Estadio

O estadio onde xoga o Eibar é o Estadio Municipal de Ipurua, con capacidade para 8.164 espectadores. Foi inaugurado en 1947 e as súas dimensións son de 103 x 65 metros.

Desde que se puxo a primeira pedra en 1946, Ipurua sufriu varias reformas, a última inaugurada o 3 de febreiro de 2006.

Datos do club Tempadas en 1ª: 7 Tempadas en 2ª: 27 (Incluída a 2021/22) Tempadas en 2ªB: 6 Tempadas en 3ª: 28 Mellor posto na liga: 9º na Primeira División (2017-18). Máximo goleador nunha tempada: Joseba Llorente (18 goles na tempada 2004-05) Porteiro menos goleado: 3 Trofeos Zamora da Segunda División. José Ignacio Garmendia, 1991-1992, 22 goles en 28 partidos. José Ignacio Garmendia, 1995-1996, 30 goles en 36 partidos. Manuel Almunia, 2001-2002, 19 goles en 34 partidos.

Tempada a tempada TempadaCategoríaPosto1949/50Rexional1º1950/513ª1º1951/523ª2º1952/533ª1º1953/542ª7º1954/552ª8º1955/562ª14º1956/572ª10º1957/582ª17º1958/593ª2º1959/603ª7º1960/613ª3º1961/623ª1º1962/633ª1º1963/643ª2º1964/653ª2º1965/663ª2º1966/673ª1º1967/683ª2º TempadaCategoríaPosto1968/693ª6º1969/703ª2º1970/713ª7º1971/723ª4º1972/733ª12º1973/743ª2º1974/753ª16º1975/763ª19º1976/77Rexional5º1977/78Rexional3º1978/79Rexional1º1979/803ª4º1980/813ª3º1981/823ª1º1982/833ª2º1983/843ª2º1984/853ª2º1985/863ª1º1986/872ªB7º TempadaCategoríaPosto1987/882ªB1º1988/892ª16º1989/902ª16º1990/912ª10º1991/922ª12º1992/932ª16º1993/942ª10º1994/952ª5º1995/962ª12º1996/972ª5º1997/982ª10º1998/992ª18º1999/002ª11º2000/012ª15º2001/022ª8º2002/032ª17º2003/042ª10º2004/052ª4º2005/062ª22º TempadaCategoríaPostoCopa2006/072ªB1º2007/082ª13º2008/092ª21º2ª Rolda2009/102ªB2º1ª Rolda2010/112ªB1º1ª Rolda2011/122ªB3º3ª Rolda2012/132ªB2º1/82013/142ª1º3ª Rolda2014/151ª18º1/162015/161ª

Xogadores Categoría principal: :Categoría:Xogadores do SD Eibar. Cadro actual Actualizado a 28 de agosto de 2019.

Palmarés Segunda División de España (1): 2013-14 Segunda División B de España (3): 1987-88, 2006-07, 2010-11 Terceira División de España (7): 1950-51, 1952-53, 1961-62, 1962-63, 1966-67, 1981-82, 1985-86 Subcampión da Segunda División B (2): 2009-10, 2012-13 Subcampión da Terceira División (11)

Filial

O Éibar conta cun equipo filial, o Eibar B, que milita no Grupo IV da Terceira División.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial