Denomínanse coros galegos a algúns grupos corais de diversos tipos aparecidos dende finais do século dende finais do século XIX ata mediados do século XX, caracterizados por basear a súa estética, estilo musical e repertorio na música tradicional galega.

Historia A creación dos coros galegos hai que enmarcala dentro dun movemento musical moito máis amplo chamado coralismo, que ten lugar en Europa ao longo do século XIX e que ten como piares a popularización da interpretación vocal musical e, en certos casos, a reivindicación da música popular. Este último punto resulta fundamental nos coros galegos, que se diferencian dos orfeóns na súa reivindicación dunha estética enxebre.

Malia o seu repertorio ser de orixe tradicional, a interpretación pasaba por unha harmonización previa. Os coros foron transmisores dunha cultura que tiña orixe nunha sociedade rural pero que se transmitía a unha sociedade urbana, xurdida do desenvolvemento económico.

A procura do enxebrismo tamén tiña reflexo na posta en escena: os intérpretes aparecían en escena cun traxe tradicional. Aínda que idealizando a estética escénica e musical (provocado polas ideas da época e a necesidade comercial), non diminúe a calidade artística que acadaron e o papel de xeradores de identidade nacional que tiveron na súa época.

Cronoloxía dos coros galegos 200px|miniatura|Perfecto Feijoo en 1919, vestido como se fose un cego ambulante de finais do XIX 1875 Orfeón Coruñés, fundado por Pascual Veiga.>Diccionario de la música española e iberoamericana, Tomo IV, p.26 (Entrada Coros, de Ferrer, Nagore)

1879 Orfeón Brigantino, fundado por Pascual Veiga.

1880 Orfeón Pacheco, fundado por Pascual Veiga.

1882 Orfeón Eco da Coruña, fundado por Pascual Veiga.

1883 Perfecto Feijoo funda Aires da Terra na cidade de Pontevedra. Este é considerado como o primeiro coro galego, aínda que recentes investigacións subliñan a probable existencia doutros coros.Tato Fontaíña, Laura; O teatro galego e os coros populares (1915-1931)

1900 Airiños d'a miña Terra en Ferrol

1914 Fundación en Ferrol do Real Coro Toxos e Froles, que parece estar relacionada co interese do gaiteiro Manuel Lorenzo Barxa por crear unha agrupación á imaxe e semellanza do primeiro coro galego, Aires d'a Terra. Tamén se debe considerar a existencia da agrupación ferrolá Airiños d'a miña Terra como o seu precedente inmediato e máis próximo.

1915 Agrupación Artística de Vigo: fundada o 15 de abril. Coro popular, cadro de declamación e orfeón.

1916 O 28 de decembro fórmase na Coruña o coro Cántigas da Terra. O 25 de setembro de 1922 o grupo, inicialmente formado exclusivamente por homes, actuou na praza de touros de Corcubión e incluíu seis mozas vestidas co traxe típico da Mariña, que cantaron no Coro xunto con vinte e tres homes. Foliadas e Cantigas, en Pontevedra. Agarimos da terra, de Mondariz.

1917 Cantigas e Aturuxos, de Lugo. Sociedade Artística de Pontevedra

1918

Coral de Ruada en Ourense (fundadores: Xavier Prado Rodríguez, Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla)

1921 Cantigas e Agarimos, en Santiago de Compostela.

1923 Airiños do Ulla, A Estrada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Carteis de diversas edicións do Ciclo de Coros Históricos , centrado nos que seguen activos: Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral de Ruada e Cantigas e Agarimos.

Categoría:Música de Galicia Categoría:Tipos de agrupación musical Categoría:Música tradicional galega