Para o estado homónimo véxase: Estado do Río de Xaneiro.

O Río de Xaneiro, (en ), ás veces coñecida simplemente como Río e fundada como São Sebastião do Rio de Janeiro, é a capital do estado do Río de Xaneiro, a segunda cidade máis grande do Brasil (despois de São Paulo) e a terceira área metropolitana de América do Sur, con aproximadamente 6,5 millóns de habitantes (2017) na súa área municipal e 12,3 millóns na área metropolitana, converténdoa na sexta cidade de América e a vixésimo sexta do mundo. A capital fluminense é a cidade brasileira máis coñecida no exterior.

Fundada en 1565 polos portugueses, a cidade foi inicialmente a sede da Capitanía do Río de Xaneiro, unhas das distintas capitanías do Imperio portugues. Máis tarde, en 1793, converteuse na capital do Estado do Brasil, un dos múltiplos territorios coloniais portugueses. Uns anos máis tarde, en 1808, cando a casa real portuguesa se trasladou ao Brasil, Río converteuse na sede da corte de María I que, posteriormente en 1815, baixo o a dirección do seu fillo o Príncipe rexente e futuro Rei Xoán VI, elevou o Brasil á categoría de Reino dentro do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. Así, Río converteuse na capital da pluricontinental monarquía portuguesa até 1822, cando comezou a guerra da Independencia brasileira. Este é un dos poucos casos na historia en que a capital dun país colonizador mudou oficialmente a unha cidade nunha das súas colonias. Despois serviría como capital do independizado Imperio do Brasil até 1889, e posteriormente capital republicana até 1960, cando a sede do goberno foi trasladada para a entón recentemente construída Brasilia.

É un dos principais centros económicos, culturais e financeiros do país, sendo internacionalmente coñecida por diversas iconas culturais e paisaxísticas, coma o Pão de Açúcar, o cerro do Corcovado coa estatua do Cristo Redentor, as praias dos barrios de Copacabana, Ipanema e Barra da Tijuca (entre outras), o Estádio do Maracanã, o Estádio Nilton Santos, o barrio bohemio da Lapa e os seus arcos, o Teatro Municipal do Rio de Janeiro, os bosques da Tijuca e da Pedra Branca, a Quinta da Boa Vista, a Biblioteca Nacional, a ilha de Paquetá, o Aninovo de Copacabana, o carnaval carioca, a Bossa nova e a samba.

Representa o segundo maior PIB do país (e o trixésimo maior do mundo), e é sede das dúas maiores empresas brasileiras - a Petrobras e a Vale, e das principais compañías de petróleo e telefonía do Brasil, alén do maior conglomerado de empresas de medios de comunicación de América Latina, o Grupo Globo. É a sede de gran número de universidades e institutos, é o segundo maior polo de investigación e desenvolvemento do Brasil, responsábel do 19% da produción científica nacional, segundo datos de 2005. Destaca para a Universidade Federal do Rio de Janeiro que publicou artigos entre 1998 e 2002. Río de Xaneiro está considerada unha cidade global beta polo inventario de 2008 Globalization and World Cities Research Network (GaWC) da Universidade de Loughborough.

A súa rexión metropolitana (Grande Río) concentra moitas industrias químicas e de metalurxia. Está a 430 km da cidade de São Paulo, a máis grande do país, a cal é ligada pola estrada Rodovia Presidente Dutra. Ten dous importantes aeroportos: o Aeroporto Internacional Tom Jobim, moi utilizado para voos internacionais e domésticos, e o segundo en movemento do país; e máis o Aeroporto Santos Dumont, próximo ó centro da cidade, que é usado só por voos cara a São Paulo, Belo Horizonte e Brasilia.

Parte da cidade está considerada como lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o 1 de xullo de 2012 na categoría de paisaxes culturais coa denominación Río de Xaneiro: paisaxes cariocas entre a montaña e o mar. O himno da cidade leva por nome Cidade Maravilhosa e os seus habitantes chámanse cariocas (tamén son fluminenses, aínda que este xentilicio é máis amplo e refírese aos habitantes do Estado do Río de Xaneiro).

É o principal destino turístico internacional no Brasil, de América Latina e de todo o hemisferio sur.

Etimoloxía A baía de Guanabara, á marxe da cal se organizou a cidade, foi descuberta polo explorador portugués Gaspar de Lemos o 1 de xaneiro de 1502. Malia que se afirma que o nome "Río de Xaneiro" foi escollido en virtude de que os portugueses coidaron que a baía da foz era un río, en realidade naquela época non había distinción de nomenclatura entre ríos e baías, motivo polo cal foi o corpo de auga correctamente chamado como río. Os franceses, que se aliaran cos tupinambas, estabelecéronse na rexión en 1555, mais foron expulsados polos portugueses en 1567.

Historia

Período precabralínico A historia precabralina do Brasil é a etapa da historia do Brasil antes da chegada do navegante portugués Pedro Álvares Cabral en 1500, nun momento no que a rexión que agora é territorio brasileiro estaba ocupada por miles de pobos indíxenas. Algúns deses pobos erán os tupís, os puri, os botocudo e os maxakalí. Período colonial esquerda|miniatura|upright|Fundación de Río de Xaneiro o 1 de marzo de 1565 Os europeos descubriron a baía de Guanabara o 1 de xaneiro de 1502 (de aí o nome de Río de Xaneiro), durante unha expedición portuguesa baixo o mando do explorador Gaspar de Lemos, capitán dun barco da frota de Pedro Álvares Cabral, ou baixo o mando de Gonçalo Coelho.Jorge Couto, 1995, A Construção do Brasil, Lisbon: Cosmos. Supostamente o explorador florentino Amerigo Vespucci participou como observador por invitación do rei Manuel I, na mesma expedición.

En 1555, unha das illas da baía de Guanabara, hoxe chamada Illa de Villegagnon, foi ocupada por 500 colonos franceses baixo o mando do almirante francés Nicolas Durand de Villegaignon. En consecuencia, Villegagnon construíu o Forte Coligny na illa cando tentaba establecer a colonia Francia Antártica. Co tempo, este asentamento francés converteuse nunha ameaza demasiado grande para a colonia portuguesa establecida e, en 1560, ordenouse a súa expulsión. O novo gobernador xeral de Brasil, Mem de Sá, iniciou entón unha agresión militar que durou varios anos e que máis tarde continuou o seu sobriño, Estacio de Sá. O 20 de xaneiro de 1567, as forzas francesas sufriron unha derrota definitiva e foron expulsadas de Brasil para sempre. miniatura|upright|esquerda|Entre 500 000 e un millón de escravos chegaron ao peirao de Valongo a través da trata atlántica de escravos.

A cidade foi fundada o 1 de marzo de 1565, polo militar portugués Estácio de Sá, co nome de São Sebastião do Rio de Janeiro (San Sebastián do Río de Xaneiro), na honra de San Sebastián (que faleceu o 20 de xaneiro). Durante séculos, o asentamento chamouse São Sebastião, no lugar da popular segunda metade do seu nome. A cidade fundouse como unha base dende a cal invadir o asentamento francés, o que finalmente se acadou en 1567, expulsando aos franceses.

Ata comezos do século XVII, a cidade viuse ameazada ou invadida por piratas e bucaneiros franceses, como Jean-François Duclerc e René Duguay-Trouin. Despois de 1720, cando os portugueses atoparon ouro e diamantes na capitanía de Minas Xerais, Río de Xaneiro pasou a ser moito máis útil que Salvador de Baía como porto para exportar a riqueza, xa que esta estaba moito máis ao norte. O 27 de xaneiro de 1763,, a administración colonial portuguesa en América trasladouse a Río. A cidade continuou sendo principalmente a capital colonial ata 1808, cando a familia real portuguesa e a maioría dos asociados nobres de Lisboa, que fuxían da invasión napoleónica de Portugal, trasladáronse a Río de Xaneiro. Período real portugués miniatura|upright|esquerda|Vista da baía e a entrada da cidade de Río desde a terraza do convento de Santo Antônio., por Nicolas-Antoine Taunay (1816) A capital do reino foi trasladada á cidade, que, polo tanto, converteuse na única capital europea fóra de Europa. Como non había espazo físico nin estrutura urbana para acoller aos centos de nobres que chegaron de súpeto, moitos habitantes foron simplemente desaloxados dos seus fogares.

Na primeira década creáronse varios centros educativos, como a Academia Militar, a Real Escola de Ciencias, Artes e Oficios e a Academia Imperial de Belas Artes, así como a Biblioteca Nacional do Brasil, que conta coa maior colección de América Latina – e o Xardín Botánico. O primeiro xornal impreso de Brasil, o Gazeta do Rio de Janeiro (pt), comezou a circular durante este período. Cando Brasil foi elevado a reino en 1815, converteuse na capital do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve até o regreso da familia real portuguesa a Lisboa en 1821, pero permaneceu como capital do Reino do Brasil.

Desde o período colonial até a primeira era independente, Río de Xaneiro foi unha cidade de escravos. Houbo unha grande afluencia de escravos africanos a Río de Xaneiro: en 1819, había 145 000 escravos na capitanía. En 1840, o número de escravos alcanzou as 220 000 persoas. Entre 1811 e 1831, entre 500 000 e un millón de escravos chegaron a Río de Xaneiro a través do Peirao de Valongo, que agora é Patrimonio da Humanidade. O porto de Río de Xaneiro foi o maior porto de escravos de América.

Período imperial

Cando o príncipe Pedro proclamou a independencia do Brasil en 1822, decidiu manter Río de Xaneiro como capital do seu novo imperio, xa que a zona se enriqueceu co cultivo da cana de azucre na rexión de Campos e, especialmente, co novo cultivo do café no Val do Paraíba. Co fin de separar a provincia da capital do Imperio, a cidade converteuse en municipio neutral en 1834, pasando a provincia de Río de Xaneiro a ter Niterói como capital.

Como centro político do país, Río concentraba a vida política e partidista do Imperio. Foi o escenario principal dos movementos abolicionistas e republicanos na segunda metade do século XIX. Naquela época, o número de escravos reduciuse drasticamente e a cidade desenvolveuse, con rede de sumidoiros moderna, tranvías tirados por animais, estacións de tren que atravesaban a cidade, alumado de gas e eléctrico, cableado telefónico e telegráfico, e rede de auga e rede de sumidoiros fluvial.

Río seguiu como capital do Brasil despois de 1889, cando a monarquía foi cambiada por unha república, ata 1960, cando a sede do goberno federal foi transferida a Brasilia. O 6 de febreiro de 1889 fundouse a fábrica téxtil de Bangu, co nome de Compañía de Progreso Industrial do Brasil (Companhia Progresso Industrial do Brasil). A fábrica inaugurouse oficialmente o 8 de marzo de 1893, nun complexo con diferentes estilos arquitectónicos como a arquitectura italiana, o neogótico e unha torre de estilo mansardado. Tras a inauguración en 1893, chegaron a Bangu traballadores de Gran Bretaña para traballar na fábrica téxtil. As antigas granxas convertéronse en aldeas obreiras con casas de ladrillo vermello e creouse unha igrexa neogótica, que aínda existe como a igrexa parroquial de San Sebastián e Santa Cecilia. Tamén apareceron cines de rúa e edificios culturais.

En maio de 1894, chegou a Bangu Thomas Donohoe (en), un traballador británico de Busby, Escocia. Donohoe quedou abraiado ao descubrir que non había absolutamente ningún coñecemento do fútbol entre os brasileiros. Así que lle escribiu á súa muller, Elizabeth, pedíndolle que trouxese un balón de fútbol cando se reunise con el. E pouco despois da súa chegada, en setembro de 1894, o primeiro partido de fútbol no Brasil tivo lugar no campo xunto á fábrica téxtil. Foi un partido de cinco contra cinco entre traballadores británicos, e tivo lugar seis meses antes do primeiro partido organizado por Charles Miller en São Paulo. Non obstante, o Bangu Football Club non se creou formalmente ata 1904.

Período republicano miniatura|upright|Rio de Xaneiro, 1910s