A Agrupación Deportiva Alcorcón é un club de fútbol español da cidade de Alcorcón (Madrid). Foi fundado en 1971 e compite na Segunda División.
Historia A Agrupación Deportiva Alcorcón foi fundada no ano 1971 por Dionisio Muñoz Jerez e tras varias tempadas deambulando por Rexional Preferente e Terceira división na tempada 1999-00 consegue o ascenso á Segunda división B española logrando finalizar na tempada 2000-01 (primeira da súa historia en Segunda B) na 12ª posición. Na seguinte tempada o club non realiza unha campaña tan boa como a anterior e finaliza na 16ª posición, moi preto dos postos de descenso a Terceira. Durante as seis tempadas seguintes o equipo logra quedar clasificado na zona media da táboa, ata a tempada 2008-09 na que queda clasificado como 3º do seu grupo, accedendo así a disputar a promoción de ascenso a Segunda División.
Na promoción de ascenso a segunda logrou eliminar na primeira rolda ao UE Sant Andreu (0-0 e 4-2) e na segunda rolda ao CD Alcoyano (1-0 e 2-1). Na fase final logrou un resultado de 0-0 fronte ao Real Unión de Irún na ida polo que o ascenso decidiríase no Stadium Gal de Irún. No partido disputado en Irún fronte ao Real Unión sufriu unha derrota por 3-1 dicindo adeus ao ascenso de categoría e tendo que conformarse con disputar a tempada 2009-10 en Segunda B. Na tempada 2009-10 o club participa de novo na Copa do Rei debido a que na tempada 2008-09 logrou quedar terceiro clasificado de Segunda B (grupo II).
Alcorconazo e ascenso a Segunda O 27 de outubro de 2009, o Alcorcón vive o episodio máis ilustre da súa traxectoria tras eliminar da Copa do Rei ao Real Madrid por un marcador global de 4-1. Este episodio foi chamado pola prensa española como o Alcorconazo. O equipo amarelo conseguiu un avultado 4-0 no partido de ida, disputado no Estadio Santo Domingo, e logrou superar a eliminatoria tras conseguir manter a vantaxe no partido de volta no Estadio Santiago Bernabéu, que acabou cun insuficiente 1-0 favorable a un decepcionante Real Madrid, o cal estaba infestado de estrelas do fútbol mundial como Cristiano Ronaldo, Kaká e Karim Benzema.
Nesa mesma tempada queda campión do grupo II de Segunda B e non pasa a primeira eliminatoria de ascenso de campións contra o Granada CF. Con todo, logra pasar as dúas seguintes eliminatorias e subir a Segunda División por primeira vez na súa historia.
Na tempada do debut en Segunda logra a permanencia sen moitos problemas. Na tempada 2011-12 convértese no equipo revelación da categoría e acaba na cuarta posición, disputando o playoff de ascenso a Primeira División. Na semifinal consegue eliminar ao Hércules, pero na final perde contra o Real Valladolid cun resultado global de 2-1, quedando a un paso da máxima categoría.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón amarelo e medias amarelas. Segundo equipamento: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas. Terceiro equipamento: Camiseta azul escuro, pantalón azul escuro e medias amarelas.
Estadio
O estadio do club é o Estadio Santo Domingo, de herba natural. Ten capacidade para 2.800 persoas, todas sentadas. A Cidade Deportiva Santo Domingo atópase no barrio das Retamas, e nas súas proximidades atópanse a estación de Las Retamas e o teatro Buero Vallejo.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 11 Tempadas en 2ªB: 10 Tempadas en 3ª: 15 Tempadas en Categoría Rexional: 14 Mellor posto na liga: 4º (2ª; tempada 11-12)
Historial por tempadas TempadaCategoríaPostode 71-72Rexional—a 76-77Rexional—1977/783ª19º 10px1978/79Rexional— 10px1979/803ª3º1980/813ª5º1981/823ª9º1982/833ª12º1983/843ª9º1984/853ª4º1985/863ª10º1986/873ª17ºTempadaCategoríaPosto1987/883ª19º 10px1988/89Rexional—1989/90Rexional— 10px1990/913ª19º 10px1991/92Rexional—1992/93Rexional— 10px1993/943ª16º1994/953ª21º 10px1995/96Rexional—1996/97Rexional— 10px1997/983ª20º 10px1998/99Rexional— 10pxTempadaCategoríaPostoCopa do Rei1999/003ª5.º 10px2000/012ªB12.º2001/022ªB16.º2002/032ªB7.º2003/042ªB10.º2004/052ªB11.º2005/062ªB7.º2006/072ªB11.º2007/082ªB14.º2008/092ªB3.º2009/102ªB1.º 10px 1/8 de final2010/112ª9.º1/16 de finalTempadaCategoríaPostoCopa do Rei2011/122ª4.º1/8 de final2012/132ª5.º3.ª rolda2013/142ª9.º1/16 de final2014/152ª11.º2.ª rolda2015/162ª7.º2.ª rolda2016/172ª18.º1/4 de final2017/182ª13.º2.ª rolda2018/192ª14.º3.ª rolda2019/202ª10.º1.ª rolda2020/212ª
Xogadores Cadro 2012/13 Actualizado a 18 de agosto de 2012
Persoas importantes que pasaron polo club {| |- style="vertical-align: top;" | Alfredo Bayarri Germán Burgos (Adestrador de porteiros) Chupe Derek Decamps Nathaniel Revetria Matar Diop José Luis Capdevila Asen Roberto Rojas Raúl Arribas </td> Gonzalo García Tito Lorente Albarrán Isma Cristian Nevado Rafa Víctor Hugo
Palmarés Torneos nacionais Segunda División B de España (1): 2009-10
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do club Foro non oficial de afeccionados Foros do A.D.Alcorcón Alcorcón de gala