A Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) é unha institución científica e cultural galegaAGLP constituída como órgano da Fundação Academia Galega da Língua Portuguesa coa misión de «promover o estudo da lingua da GalizaSegundo a tese defendida pola AGLP, a lingua de Galiza é o portugués. para que o proceso da súa normalización e naturalización sexa congruente cos usos que vigoran no conxunto da lusofonía».BOE, 29 de abril de 2011.

Historia A idea de crear unha Academia destas características xa fora enunciada no seu día polo catedrático Ricardo Carvalho Calero, e posteriormente defendida polo profesor José Martinho Montero Santalha nun artigo publicado en 1994 na revista Temas do EnsinoA Lusofonia e a Língua Portuguesa da Galiza: Dificuldades do presente e tarefas para o futuro Actas do Congreso Internacional de Lingua, Cultura e Literaturas Lusófonas (Homenaxe ao profesor Ernesto Guerra da Cal): Santiago, 15-17 de setembro de 1994, Pontevedra - Braga: Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, 1994, 452 pp. In Temas de O Ensino de Linguística, Sociolinguística e Literatura, volume VII-IX, núms. 27-38 (1991-1994), pp. 137-149). e, máis recentemente, nunha intervención en Braganza (Portugal, en outubro de 2006 (no marco do V Coloquio Anual da Lusofonía).Um novo projecto: a Academia Galega da Língua Portuguesa in Galiza: Berço da Lusofonia. Actas do V Coloquio Anual da Lusofonía . Helena e Chrys Chrystello (org). Arcos online (Ed). Braganza, 2-4 de outubro de 2006, p. 199.

Para facer efectiva a proposta, o 1 de decembro de 2007 creouse a Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa en Santiago de CompostelaConstitúese en Compostela unha asociación co obxecto de impulsar a creación da Academia Galega da Língua Portuguesa no xornal Galicia-Hoxe , 06.12.2007.. Finalmente, o 20 de setembro de 2008 creouse formalmente a AGLP Unha nova academia galega tenta a confluencia co idioma portugués no xornal La Voz de Galicia.

En 2011 o seu presidente era o profesor José-Martinho Montero Santalha, catedrático da Universidade de Vigo.

Composición da Academia Galega da Língua Portuguesa

Isaac Alonso Estraviz Artur Alonso Novelhe Celso Álvarez Cáccamo José Manuel Barbosa Álvares Ângelo Brea Hernández Ângelo Cristóvão Angueira Carlos Durão Rodrigues Joám Evans Pim António Gil Hernández Luís Gonçález Blasco Álvaro Iriarte Sanromán Vítor Manuel Lourenço Peres Higino Martins Esteves José Martinho Montero Santalha Mário Afonso Nozeda Ruitinha

Francisco Paradelo Rodrigues José Paz Rodríguez Isabel Rei Sanmartim Ramom Reimunde Norenha Valentim Rodrigues Fagim José Ramom Rodrigues Fernandes Concha Rodrigues Peres Rudesindo Soutelo Joám Trillo Pêrez Fernando Vázquez Corredoira Xavier Vásquez Freire Ernesto Vasques Souza Crisanto Veiguela Martins Álvaro Jaime Vidal Bouzon Xavier Vilhar Trilho

Notas

Véxase tamén Outros artigos Associaçom Galega da Língua Léxico da Galiza

Ligazóns externas Web da Academia Galega da Língua Portuguesa.

Categoría:Lingua portuguesa Categoría:Academias da lingua Categoría:Academias de Galicia