dereita|230px|miniatura|Escabiose
A escabiose, raña ou sarna é unha enfermidade da pel causada polo ácaro parasito Sarcoptes scabiei, chamado comunmente ácaro da sarna. É unha ectoparasitose de distribución mundial en todas as razas. É unha afección cosmopolita, extremadamente contaxiosa. Alcanza a todas as capas da poboación e constitúe unha dermatose moi frecuente e de fácil tratamento.
Sarcoptes scabiei esquerda|200px|miniatura|Sarcoptes scabiei Sarcoptes scabiei é un artrópodo de corpo non segmentado, ovoide, con 4 pares de patas. A femia mide 300-450 micrómetros e o macho 150-250 micrómetros.
Hóspede: o ser humano. O ácaro non vive máis de 2 a 4 días no medio ambiente. Contaxio: a enfermidade é facilmente transmisible por contacto directo, ou a través de fómites (roupa, sabas, toallas), así como por vía sexual. Nalgúns casos pódese adquirir por contacto con animais infectados, sobre todo cans (Sarcoptes scabiei var. canis). Incubación Primoinfestación (persoas sen exposición previa ao ácaro): 15 a 50 días Reinfestación (persoas que foron infestadas previamente): 1 a 4 días
A fecundación ocorre na superficie da pel, logo da cópula o macho morre.
A femia introdúcese na capa córnea da pel e vai escavando galerías, e deixando os ovos a medida que penetra na pel (2 a 3 ovos por día) ata un total de 30 a 50 ovos. Finalmente morre no túnel ó cabo de 4 a 6 semanas.
Os ovos eclosionan e as larvas emerxen á superficie da pel, transfórmanse en ninfas ós 3-8 días e posteriormente en adultos en 12-15 días. As formas contaxiosas son a ninfa e os adultos.
Clínica O principal síntoma é o proído, que aumenta o seu efecto durante as noites e coa calor. O proído está causado pola reacción alérxica do corpo ante o parasito, que se manifesta con pequenos grans, bochas e pequenas úlceras con bostelas. Non causa febre, a menos que exista infección.
As lesións máis típicas son os sucos, liñas agrisadas e sinuosas de 1 a 15 mm de longo, que son o reflexo exterior da galería escavada na epiderme pola femia co fin de desovar, e as vesículas perladas, do grosor dunha cabeza de alfinete, producidas pola secreción do parasito. As lesións predominan nos pulsos, as caras laterais dos dedos e das mans, os cóbados e as nádegas, esténdense a todo o corpo. Algunhas localizacións son electivas, e non necesariamente presentes: no home, o prepucio e a glande (chancro escabioso); na muller, a aréola (fóra da lactación, as lesións bilaterais de ambas as mamas fan pensar na sarna); no neno e o lactante, a planta dos pés.
A escabiose pode ir acompañada por lesións inducidas por microbios (piodermite, linfanxite etc.). Pola súa banda, nas persoas limpas non se traduce máis que por un mínimo de síntomas e non é prurixinosa. Porén, é igualmente contaxiosa.
Formas clínicas Sarna mitis Sarna nodular Sarna norueguesa (en inmunodeprimidos): forma moi contaxiosa, prodúcese unha infestación masiva.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sarna e Remedios naturais
Categoría:Doenzas da pel Categoría:Doenzas parasitarias Categoría:Doenzas de transmisión sexual