O Estadio Santiago Bernabéu é un recinto deportivo, situado no distrito de Chamartín, ó norte da cidade de Madrid, España. Inaugurouse o 14 de decembro de 1947, sendo propiedade do Real Madrid Club de Fútbol. Ten unha capacidade de 80.354 espectadoresSitio web do estadio . e en 2007 o Estadio foi nombrado estadio elite pola UEFA.Nombramento do estadio estadio elite

Historia O estadio inaugurouse o día 14 de decembro de 1947 nun partido entre o Real Madrid e o CF Os Belenenses de Portugal, baixo o nome de Nuevo Estadio Chamartín. A capacidade do estadio era de 75.145 espectadores, 27.645 sentados e o resto de pé.

O 19 de xuño de 1954 inaugurouse a súa primeira ampliación, aumentando a súa capacidade ata os 125.000 espectadores, creando o estadio máis grande de Europa.

O 4 de xaneiro de 1955 cambiouse o nome polo actual Santiago Bernabéu, en honra ó seu presidente.

Dado que en 1982 acollía a Copa do Mundo de Fútbol, volveuse a remodelar o estadio, mellorando os accesos e a comodidade das localidades, cun investimento de 704 millóns de pesetas. A capacidade do estadio reduciuse de 125.000 a 90.800 espectadores.

220px|miniatura|esquerda|Interior do estadioA finais da década de 1980, a UEFA aplicou novas normas de seguridade nos estadios, suprimindo as localidades que non tiñan asento, e creando máis accesos. Isto levou a unha nova remodelación cun custo final de máis de 5 millóns de pesetas sen ningunha axuda institucional. As obras finalizaron en 1998, creando unha capacidade final de 75.328 espectadores.

Coa chegada do presidente Florentino Pérez, mellorouse o confort e a calidade do estadio, investindo 127 millóns de euros durante cinco anos. A capacidade actual é de 80.354 espectadores.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial da FIFA Sitio web oficial do estadio Sitio web oficial do Real Madrid Artigo da Revista Oficial da UEFA

Santiago Bernabéu Categoría:Real Madrid Club de Fútbol Santiago Bernabéu Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 1964 Santiago Bernabéu