Francesco Totti, nado en Roma o 27 de setembro de 1976, é un exfutbolista italiano. Xogaba de dianteiro no AS Roma, equipo no que militou en toda a súa carreira profesional, retirándose o 17 de xullo de 2017.

Vida privada Francesco Totti está casado coa modelo italiana Ilary Blasi, coa cal casou o 19 de xaneiro de 2005. A súa voda foi transmitida en vivo pola canle de televisión SKY TG24 e foi vista por máis dun millón de televidentes. Ten dous fillos: Cristian, nado o 6 de novembro de 2005, e Chanel, nada o 13 de maio de 2007.

Dirixe unha escola de fútbol para cativos chamada «Número Dez», tamén posúe un equipo de motociclismo denominado «Totti Top Sport».

É embaixador do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, publicou dous libros de chistes, co obxectivo de recadar cartos para obras benéficas. Algunhas das bromas foron filmadas tendo a Totti como protagonista xunto a outros futbolistas, como Alessandro Del Piero, Gianluigi Buffon, Christian Vieri, Antonio Cassano, Marco Delvecchio, Alessandro Nesta e o técnico Giovanni Trapattoni.

Colecciona camisetas de equipos de todo o mundo en diferentes disciplinas deportivas. No ano 2003, despois do encontro entre Italia e Irlanda no Torneo das Seis Nacións de rugby, os xogadores irlandeses Brian O'Driscoll e Denis Hickie recibiron unha camiseta de Totti a cambio das súas. No 2004 apareceu na portada do videoxogo Pro Evolution Soccer 4 xunto con Thierry Henry e Pierluigi Collina.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do xogador

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Roma Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial