Mónaco tiña en 2017 unha poboación de 37.550 habitantes, residentes en tres distritos. A parte máis densamente poboada é o barrio de Saint Roman ao norte do país. A poboación de Mónaco é inusitada xa que os monegascos son unha minoría no seu propio país. A maior parte dos residentes son cidadáns franceses, seguidos polos italianos (16%) e os monegascos (16%). O restante 21% pertence a outras 125 nacionalidades que fan que a poboación de Mónaco sexa internacional.
Datos de poboación Nome do país: Principado de Mónaco Habitantes: 37.550 Área: 2 km2 Capital: Mónaco Densidade: 18.469 hab./km2
Categoría:Demografía de Mónaco