Strombolicchio (http://www.parks.it/riserva.stromboli/Epar.php) é unha gran rocha de orixe volcánica a 2 km ao nordés da illa de Stromboli nas Illas Eolias en Italia.
Características Xeoloxicamente, Strombolicchio é un colo volcánico de basalto moi duro e compactado resistente á erosión, é o resto do volcán orixinal que formou a illa de Stromboli, cuxas erupcións cesaron aproximadamente hai 200.000 anos, cando a actividade volcánica se desprazou 3 km. cara ao suroeste. É a única parte aérea dunha plataforma submarina que se estende entre ela e a illa principal. Está totalmente desprovista de auga e terras de cultivo, polo que está deshabitada.
Un faro alimentado por enerxía solar atópase na súa cima, comunicado por unha escaleira de formigón de máis de 200 pasos. A illa é unha atracción turística de Stromboli.
O nome é un diminutivo de Stromboli. Unha lenda, transmitida polos habitantes de Stromboli, di que Strombolicchio non é máis que a tapa do volcán, lanzada ao mar durante unha violenta erupción.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas Eolias
Ligazóns externas
Categoría:Illas de Italia