O Gran Premio de Australia é unha carreira automobilística que se celebra anualmente en Australia, actualmente baixo contrato para albergar a Fórmula 1 ata o . O Grand Prix é a competición de motor máis antiga que se celebra en Australia desde que se disputou por primeira vez en Phillip Island en 1928.

Desde 1985, a carreira forma parte do Campionato Mundial da FIA de Fórmula Un e actualmente dispútase no Circuíto de Albert Park no Albert Park de Melbourne. Antes da súa inclusión no Campionato do Mundo, celebrouse nunha multitude de lugares diferentes en todos os estados de Australia. Foi a peza central das Tasman Series entre 1964 e 1972 e formou parte do Campionato de pilotos australianos en moitas ocasións entre 1957 e 1983. Converteuse en parte do campionato de Fórmula 1 en 1985 e disputouse no Circuíto urbano de Adelaida de Adelaida, Australia Meridional a partir dese ano ata 1995, antes de trasladarse a Melbourne en 1996. O gañador da carreira obtén un trofeo circular, recentemente nomeado trofeo Jack Brabham chamado así polo tres veces gañador, un deseño baseado no volante dun dos coches de carreiras de Brabham.

O Gran Premio de Australia é a primeira proba do Campionato, sendo a primeira carreira de cada ano, agás 2006 e 2010, xa que o evento trasladouse a Melbourne. Durante os seus anos en Adelaida, o Gran Premio de Australia foi a última proba do Campionato, en substitución do Gran Premio de Portugal nese sentido. Cando era a rolda final da tempada, o Gran Premio viu un puñado de carreiras memorables, sobre todo as carreiras de 1986 e 1994 que decidiron o Campionato Mundial de Pilotos de e .

O piloto australiano Lex Davison e piloto alemán Michael Schumacher son os pilotos máis exitosos nos 86 anos de historia do evento con catro vitorias cada un, mentres que McLaren é o construtor máis exitoso con doce vitorias, o seu éxito remóntase ás carreiras anteriores á Fórmula Un, a súa primeira vitoria foi en 1970. O francés Alain Prost é o único piloto que gañou o Gran Premio de Australia, en carreiras fóra de campionato e en formato do Campionato Mundial, logo de gañar a carreira en 1982, 1986, e de novo en 1988.

O patrocinador actual que pon nome ao evento é o fabricante de reloxos suízo Rolex. A carreira máis recente, o Gran Premio de Australia de 2017, foi gañada por Sebastian Vettel pilotando para o equipo Ferrari.

Historia

Preguerra thumb | Arthur Waite gañou as 100 Miles Road Race de 1928 no circuíto de Phillip Island pilotando un Austin 7 Aínda que se cre que un evento chamado Gran Premio de Australia realizouse en 1927 preto de Sydney, xeralmente acéptase que o Gran Premio de Australia comezou como as 100 Miles Road Race celebrado no circuíto de Phillip Island en 1928. A carreira inaugural gañouna Arthur Waite no que foi efectivamente unha entrada apoiada pola Austin Motor Company, cun Austin 7 modificado. Durante oito anos, continuaron nun circuíto de terra rectangular. Esta foi a era dos "especiais" australianos unhas horrorosas combinacións mecánicas de chasis e motor dispares que eran tan capaces como os coches de Grand Prix importadas de Europa. A pesar do enxeño dos primeiros mecánicos-corredores australianos, Bugatti dominou os resultados, logrando catro vitorias consecutivas de 1929-1932. A última carreira de Phillip Island foi en 1935 e o título non se disputou durante tres anos. Un evento de estilo AGP celebrouse o Boxing Day, 1936 no centenario da cidade de Victor Harbor, en Australia Meridional, o Gran Premio de Australia do Sur antes de que o título do Gran Premio de Australia revivísese en 1938 para a grande inauguración da que se convertería nunha das máis famosas pistas de carreiras do mundo, o cirucíto de Mount Panorama nos arredores da cidade semi-rural de Bathurst. Recentemente rematado cunha bande de rodaxe de alcatrán, a carreira foi gañada polo inglés Peter Whitehead competindo cun novo coche ERA B-Type que era demasiado rápido para a maquinaria desenvolvida localmente. Realizouse unha carreira máis, no Circuíto Lobethal preto da cidade de Lobethal, no sur de Australia en 1939, antes de que o país se mergullase na segunda guerra mundial.

Circuítos utilizados miniatura|300px|Circuíto urbano de Adelaida.miniatura|300px|Circuíto de Albert Park.miniatura|300px|Mapa de todas as localizacións de Gran Premio de Australia.

Gañadores

Por ano O fondo de cor rosa quere dicir que naquel ano o GP non formaba parte do campionato mundial de Fórmula 1.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados George Russell Mercedes Albert Park Resultados Lando Norris McLaren-Mercedes Albert Park Resultados Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT Albert Park Resultados Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT Albert Park Resultados Charles Leclerc Ferrari Albert Park Resultados Valtteri Bottas Mercedes Albert Park Resultados Sebastian Vettel Ferrari Albert Park Resultados Sebastian Vettel Ferrari Albert Park Resultados Nico Rosberg Mercedes Albert Park Resultados Lewis Hamilton Mercedes Albert Park Resultados Nico Rosberg Mercedes Albert Park Resultados Kimi Räikkönen Lotus Renault Albert Park Resultados Jenson Button McLaren-Mercedes Albert Park Resultados Sebastian Vettel Red Bull-Renault Albert Park Resultados Jenson Button McLaren-Mercedes Albert Park Resultados Jenson Button Brawn-Mercedes Albert Park Resultados Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Albert Park Resultados Kimi Räikkönen Ferrari Albert Park Resultados Fernando Alonso Renault Albert Park Resultados Giancarlo Fisichella Renault Albert Park Resultados Michael Schumacher Ferrari Albert Park Resultados David Coulthard McLaren-Mercedes Albert Park Resultados Michael Schumacher Ferrari Albert Park Resultados Michael Schumacher Ferrari Albert Park Resultados Michael Schumacher Ferrari Albert Park Resultados Eddie Irvine Ferrari Albert Park Resultados Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Albert Park Resultados David Coulthard McLaren-Mercedes Albert Park Resultados Damon Hill Williams-Renault Albert Park Resultados Damon Hill Williams-Renault Adelaida Resultados Nigel Mansell Williams-Renault Adelaida Resultados Ayrton Senna McLaren-Ford Adelaida Resultados Gerhard Berger McLaren-Honda Adelaida Resultados Ayrton Senna McLaren-Honda Adelaida Resultados Nelson Piquet Benetton-Ford Adelaida Resultados Thierry Boutsen Williams-Renault Adelaida Resultados Alain Prost McLaren-Honda Adelaida Resultados Gerhard Berger Ferrari Adelaida Resultados Alain Prost McLaren-TAG Adelaida Resultados Keke Rosberg Williams-Honda Adelaida Resultados 1984 Roberto Moreno Ralt-Cosworth Calder Park Resultados 1983 Roberto Moreno Ralt-Cosworth Calder Park Resultados 1982 Alain Prost Ralt-Cosworth Calder Park Resultados 1981 Roberto Moreno Ralt-Cosworth Calder Park Resultados 1980 Alan Jones Williams-Cosworth Calder Park Resultados 1979 Johnnie Walker Lola-Chevrolet Barbagallo Resultados 1978 Graham McRae McRae-Chevrolet Sandown Raceway Resultados 1977 Warwick Brown Lola-Chevrolet Oran Park Resultados 1976 John Goss Matich-Holden Sandown Raceway Resultados 1975 Max Stewart Lola-Chevrolet Surfers Paradise Resultados 1974 Max Stewart Lola-Chevrolet Oran Park Resultados 1973 Graham McRae McRae-Chevrolet Sandown Raceway Resultados 1972 Graham McRae Leda-Chevrolet Sandown Raceway Resultados 1971 Frank Matich Matich A50-Repco Holden Warwick Farm Resultados 1970 Frank Matich McLaren-Holden Warwick Farm Resultados 1969 Chris Amon Ferrari Lakeside Resultados 1968 Jim Clark Lotus-Cosworth Sandown Raceway Resultados 1967 Jackie Stewart BRM Warwick Farm Resultados 1966 Graham Hill BRM Lakeside Resultados 1965 Bruce McLaren Cooper-Climax Longford Resultados 1964 Jack Brabham Brabham-Climax Sandown Raceway Resultados 1963 Jack Brabham Brabham-Climax Warwick Farm Resultados 1962 Bruce McLaren Cooper-Climax Caversham Resultados 1961 Lex Davison Cooper-Climax Mallala Resultados 1960 Alec Mildren Cooper-Maserati Lowood Resultados 1959 Stan Jones Maserati Longford Resultados 1958 Lex Davison Ferrari Bathurst Resultados 1957 Lex Davison Bill Patterson Ferrari Caversham Resultados 1956 Stirling Moss Maserati Albert Park Resultados 1955 Jack Brabham Cooper-Bristol Port Wakefield Resultados 1954 Lex Davison HWM-Jaguar Southport Resultados 1953 Doug Whiteford Talbot-Lago Albert Park Resultados 1952 Doug Whiteford Talbot-Lago Bathurst Resultados 1951 Warwick Pratley George Reed Special-Ford Narrogin Resultados 1950 Doug Whiteford Ford Nuriootpa Resultados 1949 John Crouch Delahaye Leyburn Resultados 1948 Frank Pratt * BMW Point Cook Resultados 1947 Bill Murray * MG Bathurst Resultados 1940-46 Non celebrado 1939 Alan Tomlinson * MG Lobethal Resultados 1938 Peter Whitehead * ERA Bathurst Resultados 1937 + Les Murphy * MG Victor Harbor Resultados 1936 Non celebrado 1935 Les Murphy * MG Phillip Island Resulados 1934 Bob Lea-Wright * Singer Phillip Island Resultados 1933 Bill Thompson * Riley Phillip Island Resultados 1932 Bill Thompson * Bugatti Phillip Island Resultados 1931 Carl Junker Bugatti Phillip Island Resultados 1930 Bill Thompson Bugatti Phillip Island Resultados 1929 Arthur Terdich Bugatti Phillip Island Resultados 1928 # Arthur Waite Austin Phillip Island Resultados

De 1932 a 1948, o gañador foi determinado en base a un hándicap.Graham Howard, logo de 6.201 millas e 49 carreiras, o 50º AGP marcou o final dunha época, Australian Motor Racing Year, 1985/86, páxina 33 A carreira de 1937 presentouse como o "Gran Premio do Centenario de Australia Meridional", o 26 de decembro de 1936.The Official 50-race history of the Australian Grand Prix, 1986, páxina 82 # A carreira de 1928 foi coñecida oficialmente como a "Carreira das 100 millas" John B. Blanden, A History of Australian Grand Prix 1928-1939 (1981), páxina 1

Podios por pilotos Pos.PilotoPodiosMínimo 2 podios.1 Lewis Hamilton 92 Sebastian Vettel 73 Michael Schumacher 6= Kimi Räikkönen 6 5 Rubens Barrichello 5= Fernando Alonso 57 Alain Prost 4 = Gerhard Berger 4= David Coulthard 4 = Nico Rosberg 4 = Jenson Button 4 12 Nelson Piquet 3 = Ayrton Senna 3 = Nigel Mansell 3 = Damon Hill 3 = Ralf Schumacher 3 17 Thierry Boutsen 2 = Martin Brundle 2 = Eddie Irvine 2 = Mika Häkkinen 2 = Heinz-Harald Frentzen 2 = Juan Pablo Montoya 2

Podios por construtor Pos.ConstrutorPodio1 Ferrari 292 McLaren 283 Williams 174 Mercedes 155 Renault 66 Benetton 57 Ligier 3= Red Bull 39 Lotus 2= Toyota 2= Brawn 212 Footwork 1= Jordan 1= BMW 1

Podios por motor Pos.MotorPodios1 Mercedes 382 Ferrari 293 Renault 214 Honda 95 Ford-Cosworth 6 6 BMW 47 Toyota 38 Mugen Honda 2= Honda RBPT 210 TAG Porsche 1= Peugeot 1= Hart 1= Mecachrome 1= Supertec 1

Gañadores múltiples (pilotos) O fondo de cor rosa quere dicir que naquel ano o GP non formaba parte do campionato mundial de Fórmula 1.

Gañados PilotoAno 4 Lex Davison1954, 1957, 1958, 1961 Michael Schumacher2000, 2001, 2002, 2004 3 Bill Thompson1930, 1932, 1933 Doug Whiteford1950, 1952, 1953 Jack Brabham1955, 1963, 1964 Graham McRae1972, 1973, 1978 Roberto Moreno1981, 1983, 1984 Alain Prost1982, 1986, 1988 Jenson Button2009, 2010, 2012 Sebastian Vettel2011, 2017, 2018 2 Les Murphy1935, 1937 Bruce McLaren1962, 1965 Frank Matich1970, 1971 Max Stewart1974, 1975 Gerhard Berger1987, 1992 Ayrton Senna1991, 1993 Damon Hill1995, 1996 David Coulthard1997, 2003 Lewis Hamilton2008, 2015 Nico Rosberg2014, 2016

Gañadores múltiples (construtores) Os construtores en negra compiten no campionato mundial de Fórmula 1 na actual tempada O fondo de cor rosa quere dicir que naquel ano o GP non formaba parte do campionato mundial de Fórmula 1.