O Kavala B.C. (en grego: Ένωση Καλαθοσφαίρισης Καβάλα, Enosi Kalathosfairisis Kavalas), é un equipo profesional de baloncesto grego da cidade de Kavala, que compite na A2 Ethniki, segunda categoría do baloncesto heleno. Disputa os seus partidos no Pavillón Kalamitsa, recinto con capacidade para 1 650 espectadores.

Historia O club foi fundado en 2003 coa denominación Panorama BC, fusionándose en 2008 co EK Kavala, asumindo o nome deste último. Na tempada 2008-09 rematou a fase regular da A1 Ethniki na décima posición.

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial Páxina do Kavala en Eurobasket.com

Categoría:Equipos de baloncesto de Grecia