La Condamine é o segundo distrito máis antigo de Mónaco, logo de Monaco-Ville, actualmente é un dos dez barrios nos que se atopa dividido o Principado de Mónaco. Está situada ao noroeste do país, ao redor do porto de Mónaco, cuxo verdadeiro nome é Porto de Hércules.
Xeografía
Localización en Mónaco Por definición ampla, é un dos catro barrios tradicionais. Pero, máis especificamente é un dos dez modernos "Distritos de Mónaco", a súa área tradicional incluía tamén os modernos distritos de Moneghetti, Les Révoires e La Colle.
Historia e características
Foi fundada en 1297 e o seu nome provén da Idade Media, facendo referencia á terra cultivable que se atopa aos pés dun pobo ou dun castelo. Hoxe en día o porto de Mónaco e un próspero distrito financeiro dos que 0.052 km² se atopan na Condamine, logo dunha recente ampliación do Porto de Hercules que se completou en 2010.
Ten 16.213 habitantes segundo o censo de 2000, e entre os seus atractivos atópanse o mercado municipal da Praza de Armas ou a rúa Princess Caroline, peonil e con grande actividade comercial. Tamén se destaca a capela de Santa Devota, construída no século XI e restaurada no século XIX, onde se celebran todos os 27 de xaneiro cerimonias na súa memoria.
O Gran Premio de Mónaco no Circuíto de Mónaco comeza na Condamine no bulevar Alberte I e entra en Monte Carlo antes de regresar ao distrito.
O iate que pertence ao Príncipe de Mónaco polo xeral atraca no gran porto da Condamine, Porto Hércules.
O complexo deportivo municipal da Condamine, o Estadio Náutico Rainiero III consiste nunha piscina olímpica climatizada de auga salgada, trampolíns, e un escorregadoiro. A piscina convértese nunha pista de xeo de decembro a marzo.
A única estación de tren de Mónaco, a Gare de Monaco-Monte-Carlo atópase na Condamine.History of Monaco station from the official site
Notas
Categoría:Barrios de Mónaco