Clifden (en irlandés: An Clochán) é unha vila de Connemara, no Condado de Galway, na provincia de Connacht, ao Oeste de Irlanda.
Xeografía A cidade máis grande de Connemara atópase entre a costa do océano Atlántico e o terreo escabroso das Montañas ao lado do Río Owenglen.
Historia Clifden é unha das últimas vilas construídas en Irlanda. John D’Arcy fundouno no século XIX nunha tentativa por atraer o comercio á zona.
Pola situación de Clifden ao lado do río e o océano Atlántico, a vila creceu rapidamente ata acadar a prosperidade na pesca. Ademais, a situación xeográfica da vila permítelle ser un lugar de turismo pola súa paisaxe de auga e montañas.
Na década de 1840, Clifden sufriu moitas dificultades a causa da fame. Moitas persoas morreron, o negocio perdeuse, e a vila quebrou. Porén, a vila puido reedificarse con subvencións estatais e volveu ser unha área próspera.
Clifden converteuse nunha vila de importancia na década de 1900, cando Guglielmo Marconi construíu o primeiro servizo radiofónico fixo que conectaba Europa con América do Norte.
Relixión miniatura|250px|O centro de Clifden dominado pola igrexa Clifden encóntrase dentro da Diocese Católica de Tuam e da Diocese de Tuam, Killala e Achonry da Igrexa de Irlanda e o seu Omey Union Parroquial. Clifden ten dúas igrexas: St. Joseph's (católica) e Christ Church (anglicana).
Acceso Situado a menos de 77 km dende Galway pola estrada N59, ten servizos de autobús que conectan Galway e Clifden.
Turismo A situación da vila preto do océano e as montañas atrae a moitos turistas cada ano. A vila ofrece moitas oportunidades para ir de excursión. Tamén, ofrece moitas tendas, bares, restaurantes e locais, e hoteis para os turistas.
A bandeira de México ondea no centro da vila honrando a John Riley e ao seu Batallón de San Patricio, que serviron nas Forzas armadas de México na Guerra de Intervención estadounidense.
Lugares de interese miniatura|250px|Clifden dende Twelve Bens Twelve Bens. Connemara National Park. Abbazia di Kylemore. Castelo Ballynahinch. Sky Road. Derrygimlagh Bog . Inishbofin. Slyne Head Lighthouse. Omey Island.
Eventos En agosto hai unha exhibición dos cabaliños de Connemara. En setembro hai un festival de obras de arte. Carreiras de cabalos.
Ligazóns https://web.archive.org/web/20110721124240/http://clifden.galway-ireland.ie/ (en inglés) http://www.connemara.ie/connemara/clifden/ (en inglés) http://www.absoluteastronomy.com/topics/Clifden (en inglés)
Categoría:Localidades do condado de Galway