Teodoro II Borisovich Godunov (en ruso: Фёдор II Борисович), nado en Moscova o 10 de xuño de 1589 e finado na mesma cidade o 20 de xuño de 1605, foi tsar de Rusia. A súa morte deu comezo ao Período Tumultoso.
Traxectoria esquerda|200px|miniatura|O mapa de Rusia, editado por Hessel Gerritsz. Foi o fillo e sucesor do tsar Boris Godunov. A súa nai, María Grigorievna Skuratova-Beslskaya, foi unha das fillas de Malyuta Skuratov, a favorita de Iván o Terrible.
Fisicamente robusto e moi querido polo seu pai, recibiu a mellor educación posible para os seus días, e desde a infancia foi iniciado en todas as minucias do goberno, asistindo regularmente á Duma e recibindo a diplomáticos estranxeiros. Tamén parece que tiña unha boa intelixencia, creando el só un mapa de Rusia, que aínda se conserva.. Este mapa foi editado con algunhas adicións por Hessel Gerritsz en Ámsterdam, no ano 1613 e reeditado ata 1665.
Trala repentina morte do seu pai Boris Godunov, foi proclamado tsar con 16 anos o 13 de abril de 1605. Mentres que o seu pai tomou as precaucións de rodearse de poderosos amigos, Teodoro viviu desde o primeiro momento do seu reinado nunha atmosfera de traizón. O 11 de xuño de 1605, os enviados de Demetrio o Falso chegaron a Moscova para reclamar a súa retirada, e as cartas lidas na Praza Roxa decidiron o seu destino. Un grupo de boiardos fixéronse co control do Kremlin e arrestaron o tsar.
Entre o 10 e o 20 de xuño, Teodoro foi esganado coa súa nai no seu apartamento. Oficialmente, díxose que foi envelenado, pero o diplomático sueco Peter Petreius, decatouse de que os corpos mostraban sinais dun esganamento violento.Peter Petreius de Erlesund: Historien und Bericht von dem Groszfürstentumb Muschkow, Leipzig, 1630.
Notas
Categoría:Tsares de Rusia Categoría:Imperio Ruso Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1589 Categoría:Finados en 1605