Juan Francisco Ordóñez González, nado en Santo Domingo o 4 de outubro de 1961, é un músico e compositor de República Dominicana. Como guitarrista, desenvolveu un novo e particular linguaxe no seu instrumento, incorporando elementos de blues, rock e jazz á súa forma particular de executarElías, C. F.: "Juan Francisco Ordoñez: un invento dominicano en el emotivo sonido de la guitarra". Artigo en Listín Diario, 1 de agosto de 1990 ..

Biografía Realizou os seus estudos básicos no Colexio Dominicano de La Salle e licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade Autónoma de Santo Domingo. Á idade de 11 anos, entra á escola de música “Salvador Sturla” e comeza súo aprendizaxe de guitarra da man do profesor Blas Carrasco. Anos máis tarde, estuda harmonía e solfexo coa profesora Sonia de Piña.

A fins dos anos 70, incorpórase a Convite, grupo músico-vogal pioneiro no rescate dos ritmos folclóricos da illa.

En 1982 funda con Luis Días e outro músicos Transporte Urbano, grupo considerado creador auténtico do Rock dominicano."Biografía de Luis Terror Días" , artigo de Jaime Stepan en www.galipote.mx . (acceso o 30 de agosto de 2008).. Ordoñez será o guitarrista líder desta banda por mas de vinte anos.

No ano 1985, Ordóñez viaxou a Moscova, dentro do marco do “Festival Mundial de la Juventud y los Estudiantes”, onde se presentou con Luís Días e a cantante dominicana de blues Patricia Pereyra.

En 1986 crea o trío de fusíon OFS, con Guy Frómeta (batería) e Héctor Santana (baixo), e viaxará en abril do 1986 a Lima, a presentarse con Sonia Silvestre no “Festival de la Nueva Canción Latinoamericana”Puello, Z.: "Arte y Artistas", artigo en Listín Diario, 9 de abril de 1986 .. En xuño viaxa a Montreal, como acompañante da cantante Patricia Pereyra na cuarta edición do "Carnaval du Soleil".

En 1992 crea Trilogía, novo trío de fusión, pero nunha versión máis caribeña, xunto a Héctor Santana e o percusionista Chichí Peralta Mena, M.: "Juan Francisco Ordóñez o una buena apuesta de jazz", artigo en Ventana-Listín Diario (10 de abril de 1994) ..

Desde comezos da década de 2000 pasa a ser director do grupo La Vellonera, acompañando ao compositor e cantante Víctor Víctor nas súas presentacións e gravacións"Victor Explota su lado revolucionario", artigo en www.perspectivaciudadana.com .(acceso o 30 de agosto de 2008)..

Labor Profesional Ordóñez realizou unha labor docente como profesor de varias xeracións de guitarristas. Como profesional da guitarra, traballou en estudos de gravación e en presentacións en vivo para os máis diversos artistas e grupos do seu país, de Iberoamérica e de España "Vivirá, homenaje a Juan Bosch", artigo en migapich.blogspot.com . (acceso o 25 de agosto de 2008). Realizou arranxos para cancións, jingles publicitarios e bandas sonoras de películas como na curtametraxe dominicana Frente al mar (sobre un conto de Hilma Contreras, Premio Nacional de literatura 2002) e Azucar amargo de León IchasoAzúcar amarga na Imdb ..

Tamén, participou en sesións en directo con músicos de jazz como Paquito de Rivera, Charlie HadenFrías Guerrero, J. I.: "A propósito de la visita de Charlie Haden", artigo en Listín Diario do 25 de marzo de 1990 .. e Don Cherry.

Discografía Trilogía, editado en casete en 1988 e reeditado como CD por Patín Bigote Music en 2004"Concursos" , en www.patinbigote.com .. Cabaret Azul, coproducido con Patricia Pereyra en 1989 e reeditado por TEREKEFicha en www.tagtuner.com ; ficha en www.music-db.org .. Radio Recuerdo, editado en 2001 pola fundación MadoraArtigo en www.cielonaranja.com (acceso o 15 de agosto de 2008)..

En 2005 realiza os labores de guitarrista, arranxador e coprodutor do disco Bachata entre Amigos. Neste traballo, cantautores como Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Pedro Guerra, Silvio Rodríguez, Pablo Milanés, Fito Páez e Víctor Manuel, entre outros, interpretan na súa propia voz e a dúo con Víctor Víctor as súas cancións a ritmo de bachata"Bachata entre Amigos", artigo en www.answers.com (acceso 5 de xuño de 2008)..

Bibliografía Arvelo Caamaño, M.: La primera tierra, (p. 51-54) maio 2000. ISBN 0-615-11428-8

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas myspace do autor Vídeo "Bachata entre amigos"

Categoría:Guitarristas da República Dominicana Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Santo Domingo Categoría:Compositores da República Dominicana