O amendoado é un doce característico das vilas medievais galegas como Melide (onde comparte protagonismo co rico e co melindre na festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide),Feira do Melindre e da Repostaría tradicional de Melide. Ribadavia ou Allariz.

Características O froito da amendoeira non se cultiva no país. A tese máis popular é que sexa un produto introducido por arrieiros casteláns que intercambiaban mercadorías nas viaxes de ida e volta polos camiños. A améndoa ten unha maior presenza nas vilas medievais con mosteiros, como o franciscano de Melide, onde se trocaba o aceite, améndoa ou mel da Alcarria por bacallau, nun constante intercambio de produtos.

Na súa elaboración o doceiro deixa primeiro que se arrefríe a améndoa torrada. Separa a clara da xema dos ovos e mestura. Prepara unha bandexa para forno con oblea cortada sobre ela para a base do doce e antes da cocción apolvilla con azucre a peza.

En Galicia Os amendoados de Allariz son unha sobremesa tradicional dentro da provincia de Ourense, típica do concello de Allariz. Son unha mestura de améndoa moída, azucre e clara de ovo. Cando está sólida a masa resultante colócase en anacos por riba dunhas obleas e lévase ao forno. Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gastronomía de Galicia

Categoría:Sobremesas e doces de Galicia Categoría:Pratos de ovos