Estopa é un dúo español de música creado en 1999, formado polos irmáns David e José Manuel Muñoz Calvo. O grupo é oriúndo de Cornellà de Llobregat (Barcelona), aínda que a súa familia descende do pobo de Zarza Capilla, en Estremadura.
Co seu primeiro disco conseguiron unhas vendas superiores a 1 000 000 copias, logrando así o recoñecemento no seu país natal e despois en países latinoamericanos como México, Chile, Cuba e a Arxentina. Os seus outros sete discos seguiron a fórmula que tanto éxito lles deu: rumbas canallas e urbanas. Son grandes admiradores de Joaquín Sabina. Venderon ao redor en total, máis de 3 500 000 a nivel internacional e nacional.
Discografía Teñen 3 500 000 copias vendidas aproximadamente entre tódolos seus discos:
Estopa (1999) - 1 200 000 copias vendidas Destrangis (2001) - 800.000 copias vendidas Más Destrangis (2002) - 200.000 copias vendidas ¿La calle es tuya? (2004) - 600.000 copias vendidas Voces de ultrarumba (2005) - 500.000 copias vendidas Allenrok (2008) - 220.000 copias vendidas. Estopa X Anniversarivm (2009)
Premios e honras miniatura|Estopa en concerto
Ao cabo da súa carreira discográfica recibiron numerosos premios, como son entre outros: Premio Amigo 2000 ao Artista revelación. Premio Amigo 2000 ao mellor grupo Español. Premio Ondas 2000 ao Artista revelación Español. Premio Ondas 2004 ao Mellor Álbum por ¿La calle es tuya?. Premio da Cadena Dial ao disco SuperDial máis votado. Premio ao mellor vídeo musical na V edición dos premios da música con "Cacho a cacho". Premio Honra cidade natal de Cornellà. Fillos adoptivos de Zarza Capilla, Estremadura.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Estopa
Categoría:Grupos musicais de Cataluña Categoría:Grupos musicais de rumba