Queremos Galego! é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que naceu en 2009 para artellar unha ampla resposta colectiva a prol da lingua galega, mediante a defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación, e con intención de conseguir a progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.

Obxectivos Queremos Galego!, segundo afirma na súa páxina web, naceu

Repercusión Esta plataforma conseguiu adhesións desde diversos colectivos de distintos puntos de Galiza: asociacións culturais e deportivas, asociacións de nais e pais, partidos políticos, sindicatos etc.

A plataforma convocou dúas manifestacións en 2009 (unha o 17 de maioUns 40.000 galegos apoian á Mesa en defensa da lingua , Xornal.com. e outra o 18 de outubroUnha manifestación plural e histórica a prol do galego ateiga Santiago , A nosa Terra.) con importante éxito canto a número de persoas, e o 21 de xaneiro de 2010 convocou unha folga xeral no ensino e manifestación en Santiago de Compostela, que foi secundada pola maioría sindicatos, os partidos políticos da oposición, profesorado, alumnado, nais e pais, a MNL e diversos colectivosMilleiros de persoas, na rúa polo galego , Xornal.com.Unhas 80.000 persoas desaprobaron no Obradoiro o borrador de Núñez Feijóo , A Peneira dixital.A manifestación contra o borrador en imaxes , A nosa Terra..miniatura|360px|Manifestación de Queremos Galego! en Compostela.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos Manifestación polo galego en 2009 Historia da lingua galega

Ligazóns externas Manifestación do 21 de xaneiro de 2010, Xornal.com. Vídeo da manifestación do 21-1-2010, A nosa Terra. Vídeo realizado durante a manifestación do 21 de xaneiro, polo Equipo de Normalización Lingüística do IES Porto do Son.

Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Entidades de promoción do galego