Luis Martín-Santos, nado en Larache (Marrocos) o 11 de novembro de 1924 e finado en Gasteiz o 21 de febreiro de 1964, foi un médico psiquiátrico e escritor en lingua castelá. A súa novela máis coñecida é Tiempo de silencio (1961), obra de denuncia social cunha valente renovación estilística. A trama transcorre en Madrid no outono de 1949 e o autor amosa, con fina ironía, o panorama das clases sociais da cidade.

Traxectoria Aos cinco anos trasladouse a Donostia, onde o seu pai (médico militar), fora destinado. Cursou Medicina en Salamanca e doutorouse en Madrid no 1947. Especializouse en Psiquiatría, tanto en Madrid coma na Alemaña. Á súa volta conseguiu o posto de director do Centro Psiquiátrico de Donostia, sendo frecuentes as súas estancias en Madrid, onde contaba con amigos coma Rafael Sánchez Ferlosio ou Juan Benet.

Tamén tivo unha salientable actividade política, chegando a ser membro do Comité Executivo do daquela clandestino Partido Socialista Obrero Español, circunstancia pola cal foi detido en varias ocasións.

Finou nun accidente de automóbil en 1964.

Obras de Psiquiatría Dithey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955) Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964).

Obras literarias Tiempo de silencio (1961) Apólogos (1970), póstuma Tiempo de destrución (1975), póstuma e inacabada.

Véxase tamén Bibliografía Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura Española. Ed. Anaya

Ligazóns externas Biografía de Luis Martín-Santos

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Psiquiatras de España Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Nados en Larache Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Españois nados no Protectorado de Marrocos