miniatura|O secretario xeral do CNE, Ewald Ammende durante un discurso no Aberri Eguna de 1933 en Donostia O Congreso de Nacionalidades Europeas foi unha organización con status de observadoraRudolf Michaelsen (1984) Der Europäische Nationalitäten-Kongreß 1925–1928: Aufbau, Krise und Konsolidierung. Lang, 1984, p. 233. na Sociedade de Nacións, constituída en Europa despois da primeira guerra mundial co obxecto de analizar os problemas nacionais pendentes de resolución. Defendía ante estados e organismos internacionais o respecto dos dereitos elementais das minorías nacionais.

Historia O Congreso foi creado por grupos alemáns e maxiares. Foi elixido presidente Josip Wilfan, deputado esloveno no Parlamento de Italia, e secretario xeral o estoniano Ewald Ammende.

O CNE reivindicaba o dereito á autoorganización política e á administración nacional de seu, con sistemas electorais que permitisen ás minorías contar cunha representación proporcional á súa significación demográfica. Rexeitaba a modificación das fronteiras políticas existentes nese momento. Defendía tamén a garantía de igualdade económica e a non discriminación, así como o libre desenvolvemento cultural.

En outubro de 1925 celebrouse en Xenebra o congreso fundacional, con 50 delegados de 27 grupos nacionais pertencentes a dez estados, representando dez millóns de persoas. No IV Congreso, celebrado en agosto de 1928, aprobouse un regulamento sobre a admisión de novos grupos.

No IX Congreso de Nacionalidades Europeas, celebrado en Berna do 16 ao 18 de setembro do 1933, Galiza acadou o recoñecemento internacional coma nación. A declaración institucional, lida por Plácido Castro, presentouse en galego e en inglés, e nela declarouse:

Días despois, Castro escribía en El Pueblo Gallego: "por primeira vez na súa historia, Galiza concorreu con personalidade propia a un Congreso internacional".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nacionalismos sen estado de Europa Categoría:Nacionalismo galego Categoría:Século XX