miniatura|Presentación dun libro con artigos de Plácido Castro|esquerda
A Fundación Plácido Castro é unha fundación galega constituída a iniciativa do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional e que ten coma obxectivos manter viva a memoria de Plácido Castro e fomentar a tradución de libros ao galego. Ten a súa sede no Pazo de Torrado, en Cambados.
A fundación está integrada polo IGADI, a Asociación de Tradutores Galegos, e os concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa. A súa actividade máis destacada é a concesión anual do Premio de Tradución Plácido Castro.
En 2024 a presidencia pasou de Xulio Ríos a Jacobo Domínguez Pedreira.El historiador de Cambados Jacobo Domínguez sustituye a Xulio Ríos como director de la Fundación Plácido Castro .
En 2025 a Fundación pasou a custodiar os fondos sobre temática céltica e artúrica da biblioteca de Xoán Bernárdez VilarA Fundación Plácido Castro recibe os fondos célticos de Xoán Bernárdez Vilar.
Notas
Plácido Castro