miniatura|400px|Mapa con todas as sedes do Gran Premio de Europa e outros Grandes Premios designados como gran Premio de Europa. O Gran Premio de Europa foi unha carreira para o campionato mundial de Fórmula 1. Disputouse tres veces durante os anos 1980 e regularmente desde ata o , retirouse do calendario en e volveu a disputarse en en Azerbaidján para, un ano despois, retirarse novamente do calendario en sendo substituído polo Gran Premio de Azerbaidján.
Nos primeiros anos, o Gran Premio de Europa non era unha carreira no seu propio dereito, era só un título honorífico, un dos grandes premios nacionais tamén era designada como o Gran premio de Europa. A primeira carreira chamada así foi o Gran Premio de Italia de 1923, que tivo lugar en Monza e gañouna Carlo Salamano nun Fiat e o último foi o Gran Premio do Reino Unido de 1977.
Desde a súa reintroducción, o Gran Premio de Europa polo xeral celebrouse nun país de Europa que tamén albergaba un Gran Premio nacional nese mesmo ano.
Antes e logo da guerra anos Título honorífico O Gran Premio de Europa foi creado como un título honorífico pola AIACR, a predecesora da FIA na organización de eventos de carreiras de motor. A primeira carreira en recibir o título foi o Gran Premio de Italia, en 1923, e foi seguido polo Gran Premio de Francia e Gran Premio de Bélxica. Logo dun paréntesis en 1929, Spa recibiu o último título honorífico dos anos previos á segunda guerra mundial, en 1930.
O título foi restablecido pola FIA logo da segunda guerra mundial, e déuselle primeiro ao Gran Premio de Bélxica en 1947, e foi distribuído en varios países ata o Gran Premio do Reino Unido de 1977, a última carreira en recibir o título honorífico. Todos os grandes premios honoríficos europeos da posguerra foron carreiras de Fórmula Un, agás a carreira de , que se disputou baixo as regulacións da Fórmula Dúas.
O Gran Premio de Italia foi nomeado Gran Premio de Europa sete veces, máis que calquera outra carreira. Recibiu o título tres veces na década de 1920.
Como proba do Campionato Mundial
Brands Hatch O evento foi creado inicialmente como un recurso provisional. En 1983, o calendario da Fórmula Un tiña orixinalmente unha carreira preto de Flushing Meadows Park en Nova York. Cando a carreira foi cancelada tres meses antes do evento, os organizadores do Circuíto de Brands Hatch foron capaces de crear un Gran Premio de Europa no seu lugar. O éxito do evento, impulsado por unha enérxica batalla polo Campionato Mundial, levou ao evento de regresar no calendario do ano seguinte.
Brands Hatch foi incapaz de acoller o Gran Premio de Europa en 1984, xa que era o anfitrión da Gran Premio do Reino Unido nos anos pares (alternando con Silverstone) palo que o GP de Europa desprazouse a un redeseñado e máis curto circuíto de Nürburgring en .
Brands Hatch volveu acoller o Gran Premio de Europa en 1985, pero a carreira foi substituída en polo Gran Premio de Hungría.
Donington Park En 1990, un adiñeirado empresario xaponés, Tomonori Tsurumaki, construíu o Nippon Autopolis coa idea de organizar unha carreira de Fórmula Un. En 1992, fixéronse plans para ter un Gran Premio de Asia en 1993 para substituír o Gran Premio de México no calendario. Con todo, estes plans non se materializaron, e para substituilo, Bernie Ecclestone engadiu unha carreira en Donington Park, que levou nome de Gran Premio de Europa. A carreira foi creación de Tom Wheatcroft, que tratara de levar a F1 á pista desde un intento errado para acoller o Gran Premio do Reino Unido en 1988. O primeiro e ata agora único Gran Premio de Fórmula Un disputado en Donington Park resultou ser Ayrton Senna baixo condicións meteorolóxicas cambiantes.
Xerez O seguinte Gran Premio de Europa disputouse en Xerez en España. Xerez acolleu 14ª rolda das 16 de e o final de tempada en en substitución do o Gran Premio de Portugal, e foi o escenario da famosa colisión entre Michael Schumacher e Jacques Villeneuve, que viu a Schumacher quedar descualificado do campionato e foi tamén o escenario da primeira vitoria de Mika Häkkinen na Fórmula Un.
Nürburgring Brands Hatch foi incapaz de acoller o Gran Premio de Europa en 1984, polo que o GP de Europa dese ano foi ao novo circuíto de Nürburgring cun novo deseño máis curto. Estaba moi lonxe do Nürburgring de case 23 km que a maioría estaban afeitos ver, e inicialmente foi impopular no seu regreso á Fórmula Un.
A carreira volveu a Nürburgring en , que agora era máis popular entre os pilotos. Pero logo das queixas doutros países que non podían conseguir unha carreira, a carreira de Nürburgring cambiou o nome á Gran Premio de Luxemburgo en e . Xerez aloxou a carreira de .
En , o Gran Premio de Europa foi eliminado da programación, pero regresou en cando a carreira en Nürburgring re-adoptou o nome de Gran Premio de Europa.
A carreira de 1999 viuse condicionada polas choiva torrenciais que causaron numerosas retiradas, dando a Johnny Herbert a oportunidade de lograr con Stewart Grand Prix a primeira e única vitoria na súa última tempada antes de ser vendida a Ford.
A carreira continuou disputándose en Nürburgring ata o ano . O 29 de agosto de 2006 anunciouse que fora retirada do calendario da F1 para a tempada 2007. A partir de entón só habería un GP aloxado en Alemaña cada ano, alternando entre Hockenheim e Nürburgring. Con todo, foi incerto durante un tempo cal sería o nome deste Gran Premio, mentres que orixinalmente a intención era ser o Gran Premio de Alemaña a partir de 2007, a carreira de Nürburgring de 2007 aínda denominouse "Großer Preis von Europa" (GP de Europa) debido á disputa sobre a propiedade do nome de Gran Premio de Alemaña.A carreira celebrada en Nürburgring en 2007 orixinalmente ía ser chamado o Gran Premio de Alemaña, pero o título foi cambiado a Gran Premio de Europa debido á disputa sobre a propiedade do nome de Gran Premio de Alemaña. See Autosport: Name row leads to return of European GP
Valencia Desde a o Gran Premio de Europa tivo lugar en Valencia, España. Durante o evento de 2009, Valencia asinou un acordo por un período de 5 carreiras, o que puxo a Valencia no calendario ata . Malia iso, en marzo de 2012, anunciouse que o Gran Premio de Europa non se celebraría en , e o Gran Premio de España alternaríase entre Barcelona e Valencia. Con todo, Barcelona conservou a carreira desde , e a circuíto de Valencia retirouse do calendario.
Bakú O Gran Premio de Europa volveu ao Campionato Mundial de Fórmula Un en , que se celebrou no Circuíto urbano de Bakú en Azerbaidján.
Gañadores do Gran Premio de Europa
Gañadores múltiples (pilotos) Só inclúe carreiras independentes. Pilotos en letra grosa compiten no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
# Gañados Piloto Tempadas 6 Michael Schumacher 1994, 1995, 2000, 2001, 2004, 2006 3 Fernando Alonso 2005, 2007, 2012 2 Rubens Barrichello 2002, 2009 Sebastian Vettel 2010, 2011
Gañadores múltiples (construtores) Só inclúe carreiras independentes. Equipos en letra grosa compiten no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
# Gañados Construtor Tempadas 7 Ferrari 2000, 2001, 2002, 2004, 2006, 2008, 2012 4 McLaren 1984, 1993, 1997, 2007 3 Williams 1985, 1996, 2003 2 Benetton 1994, 1995 Red Bull 2010, 2011
Por ano: Gran Premio de Europa como carreira independente miniatura|Circuíto urbano de Valencia, usado de 2008 a 2012 miniatura|Nürburgring GP, usado 1984, 1995-1996 e 1999-2007 miniatura|Xerez, usado en 1994 e 1997 miniatura|Donington, usado en 1993 miniatura|Brands Hatch, usado en 1983 e 1985
Ano Piloto Construtor Sede Resultados Nico Rosberg Mercedes Bakú Resultados 2015–2013 Non celebrados Fernando Alonso Ferrari Valencia Resultados Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados Rubens Barrichello Brawn-Mercedes Resultados Felipe Massa Ferrari Resultados Fernando Alonso McLaren-Mercedes Nürburgring GP-Strecke Resultados Michael Schumacher Ferrari Resultados Fernando Alonso Renault Resultados Michael Schumacher Ferrari Resultados Ralf Schumacher Williams-BMW Resultados Rubens Barrichello Ferrari Resultados Michael Schumacher Ferrari Resultados Michael Schumacher Ferrari Resultados Johnny Herbert Stewart-Ford Resultados 1998 Non celebrado Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Xerez Resultados Jacques Villeneuve Williams-Renault Nürburgring GP-Strecke Resultados Michael Schumacher Benetton-Renault Resultados Michael Schumacher Benetton-Ford Xerez Resultados Ayrton Senna McLaren-Ford Donington Resultados 1992–1986 Non celebrado Nigel Mansell Williams-Honda Brands Hatch Resultados Alain Prost McLaren-TAG Nürburgring GP-Strecke Resultados Nelson Piquet Brabham-BMW Brands Hatch Resultados
Por ano: Gran Premio de Europa como designación de honra Un fondo rosado indica un acontecemento que non formaba parte do Campionato mundial de Fórmula 1.
Ano Piloto Construtor Designación do Grand Prix Localización Resultados James Hunt McLaren-Ford Gran Premio do Reino Unido Silverstone Resultados James Hunt McLaren-Ford Gran Premio dos Países Baixos Zandvoort Resultados Vittorio Brambilla March-Ford Gran Premio de Austria Österreichring Resultados Clay Regazzoni Ferrari Gran Premio de Alemaña Nürburgring Nordschleife Resultados Jackie Stewart Tyrrell-Ford Gran Premio de Bélxica Zolder Resultados Emerson Fittipaldi Lotus-Ford Gran Premio do Reino Unido Brands Hatch Resultados 1971–1969 Non celebrado Jackie Stewart Matra-Ford Gran Premio de Alemaña Nürburgring Nordschleife Resultados John Surtees Honda Gran Premio de Italia Monza Resultados Jack Brabham Brabham-Repco Gran Premio de Francia Reims-Gueux Resultados Jim Clark Lotus-Climax Gran Premio de Bélxica Spa-Francorchamps circuíto 14 km Resultados Jim Clark Lotus-Climax Gran Premio do Reino Unido Brands Hatch Resultados Graham Hill BRM Gran Premio de Mónaco Mónaco Resultados Graham Hill BRM Gran Premio dos Países Baixos Zandvoort Resultados Stirling Moss Lotus-Climax Gran Premio de Alemaña Nürburgring Nordschleife Resultados Phil Hill Ferrari Gran Premio de Italia Monza completo Resultados Tony Brooks Ferrari Gran Premio de Francia Reims-Gueux Resultados Tony Brooks Vanwall Gran Premio de Bélxica Spa-Francorchamps 14 km Resultados Tony Brooks Stirling Moss Vanwall Gran Premio do Reino Unido Aintree Resultados Stirling Moss Maserati Gran Premio de Italia Monza completo Resultados Maurice Trintignant Ferrari Gran Premio de Mónaco Mónaco Resultados Juan Manuel Fangio Mercedes Gran Premio de Alemaña Nürburgring Nordschleife Resultados 1953 Non celebrado Alberto Ascari Ferrari Gran Premio de Bélxica Spa-Francorchamps 14 km Resultados Luigi Fagioli Juan Manuel Fangio Alfa Romeo Gran Premio de Francia Reims-Gueux Resultados Giuseppe Farina Alfa Romeo Gran Premio do Reino Unido Silverstone Resultados 1949 Alberto Ascari Ferrari Gran Premio de Italia Monza Resultados 1948 Carlo Felice Trossi Alfa Romeo Gran Premio de Suíza Bremgarten Resultados 1947 Jean-Pierre Wimille Alfa Romeo Gran Premio de Bélxica Spa-Francorchamps 14 km Resultados 1946–1931 Non celebrado 1930 Louis Chiron Bugatti Gran Premio de Bélxica Spa-Francorchamps 15 km Resultados 1929 Non celebrado 1928 Louis Chiron Bugatti Gran Premio de Italia Monza completo Resultados 1927 Robert Benoist Delage Gran Premio de Italia Monza completo Resultados 1926 Jules Goux Bugatti Gran Premio de San Sebastián Lasarte Resultados 1925 Antonio Ascari Alfa Romeo Gran Premio de Bélxica Spa-Francorchamps 15 km Resultados 1924 Giuseppe Campari Alfa Romeo Gran Premio de Francia Lión Resultados 1923 Carlo Salamano Fiat Gran Premio de Italia Monza completo Resultados
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Formula 1 European Grand Prix in Valencia Páxina oficial. Nürburgring F1 statistics
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 Categoría:Gran Premio de Europa de Fórmula 1