Rafael Sánchez Ferlosio, nado en Roma (Italia) o 4 de decembro de 1927 e finado en Madrid o 1 de abril de 2019, foi un escritor español, Premio Cervantes no 2004 e Premio Nacional das Letras Españolas no 2009. A súa obra máis coñecida é El Jarama (1955), manifestación eminente da estética do realismo.
Traxectoria Fillo do tamén escritor e correspondente do xornal ABC en Roma Rafael Sánchez Mazas (coñecido falanxista cuxo frustrado fusilamento na Guerra Civil española foi novelado por Javier Cercas en Soldados de Salamina), doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid. Neses anos universitarios conformou xunto con outros escritores novos coma Ignacio Aldecoa ou Carmen Martín Gaite (con quen casou no 1954, divorciándose no 1970), a chamada Xeración do 50 ou Xeración dos nenos da guerra, unidos pola amizade e por unha actitude fortemente politizada.
Desenvolveu tamén unha intensa actividade xornalística, colaborando cos xornais Arriba, ABC, El País e Diario 16.
Sempre salientou polas súas posturas críticas, expresadas con toda claridade, en temas sociais e políticos. Opúxose publicamente á guerra do Golfo e a guerra de Iraq e cualificou as celebracións do quinto centenario do descubrimento de América como "indigno festival".
O 1 de abril de 2019 faleceu en Madrid aos 91 anos de idade.
Obras Industrias y andanzas de Alfanhuí (1951). El Jarama (1955). Premio Nadal. Premio da Crítica. Y el corazón caliente (1961). Dientes, pólvora, febrero (1961). Las semanas del jardín (1974). Mientras no cambien los dioses, nada ha cambiado (1986). El testimonio de Yarfoz (1986). Campo de Marte (1986). La homilía del ratón (1986). Vendrán más años malos y nos harán más ciegos (1993). Premio Nacional de Ensaio. Premio Ciudad de Barcelona. Esas Yndias equivocadas y malditas (1994). El alma y la vergüenza (2000). La hija de la guerra y la madre de la patria (2002). Non Olet (2003). El Geco (2005). Glosas castellanas y otros ensayos (2005). Sobre la guerra (2007). God & Gun. Apuntes de polemología (2008). Guapo y sus isótopos (2009). Campo de retamas (2015).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.
Ligazóns externas Biografías y vidas
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de España Categoría:Premio Cervantes Categoría:Premio Nacional das Letras Españolas Categoría:Premio Nadal Categoría:Premio Nacional de Ensaio de España Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Autónoma de Madrid