O río Búbal ou Buble é un curso fluvial galego que transcorre polos concellos ourensáns de Cualedro, Monterrei e Verín. É afluente do río Támega.

Étimo O nome do río ten relación co do pobo prerromano dos bibalos, que habitaba na comarca, segundo consta no Padrón dos pobos da ponte de Chaves.

Descrición esquerda|miniatura|Pescador no río Búbal xunto ao balneario de Requeixo.

Nace na serra do Larouco, dacabalo entre os concellos de Cualedro e Baltar, na provincia de Ourense, e o de Montalegre, en Portugal. Recolle as augas das chairas entre a Alta Limia e a fronteira con Portugal. O seu tramo final está declarado como parte da zona especial de conservación (ZEC) río Támega da Rede Natura 2000, xunto co tramo do Támega augas arriba da desembocadura. Os seus principais afluentes son o río Pichos, no concello de Cualedro, que percorre as parroquias de Lucenza, A Xironda e San Millao, e o río Rubín no concello de Monterrei, que percorre as parroquias de Infesta, Albarellos e Vilaza.

Notas

Búbal