Kill Yr Idols é un EP da banda estadounidense Sonic Youth, orixinalmente editado só en Alemaña. No ano 1995, Kill Yr Idols foi xuntado á reedición da DGC do álbum de 1983 Confusion Is Sex.
A edición orixinal en vinilo realizouse en outubro de 1983 polo selo Zensor. Houbo unha reedición en setembro de 1987, pero ámbalas dúas só se lanzaron en Alemaña.
O EP lanzouse medio ano despois do seu álbum Confusion Is Sex e contén dous temas deste ("Protect Me You" e "Shaking Hell"), así como unha gravación do primeiro, e tres temas novos gravados ao vivo en dúas pistas en outubro de 1983.
A letra da canción do título fai referencia ao xornalista Tim Sommer, amigo e compañeiro de Thurston Moore na banda Even Worse. Sommer traballaba en The Village Voice co famoso xornalista Robert Christgau, co que tiña unha boa relación, cousa que molestaba a Moore debido a que os primeiros traballos de Sonic Youth recibiran malas críticas por parte de Christgau.
Recepción Jason Birchmeier de AllMusic comentou, "Esas cancións lembran ás de Confusion Is Sex, só que están un pouco máis desenvolvidas, especialmente a canción do título e 'Brother James'. [Kill Yr Idols] resulta nun fascinante camiño a través dos primeiros lampos de xenialidade de Sonic Youth".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:EPs de Sonic Youth Categoría:EPs musicais de 1983 Categoría:Álbums producidos por Wharton Tiers