O Himno da Liga de Campións da UEFA, titulado de xeito oficial simplemente como Champions League, é unha adaptación de Tony Britten da peza de Georg Friedrich Händel chamada "Zadok the Priest" (en galego: "Zadok o sacerdote"), pertencente á serie dos catro "Coronation Anthems" (en galego: himnos de coroación). Historia e características A UEFA elixiu a Tony Britten en 1992 para levar a cabo a creación do seu himno. Unha vez arranxada a composición orixinal de Händel, Champions League foi interpretada pola Royal Philharmonic Orchestra e o coro da Academy of St. Martin in the Fields. A letra da canción está escrita no tres idiomas oficiais da UEFA, é dicir, en inglés, alemán e francés.
Antes dos partidos e nas retransmisións de televisión interprétase unha versión abreviada do himno, que é a correspondente á seguinte parte da letra:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA
Ligazóns externas Páxina web oficial da UEFA Himno da Liga de Campións da UEFA Versións especiais do himno da Liga de Campións da UEFA nas finais World Soccer Anthems
Categoría:Composicións musicais de Georg Friedrich Händel Categoría:Composicións musicais de Tony Britten Categoría:Composicións musicais do século XX Categoría:Composicións musicais con todos os dereitos reservados Liga de campions Categoría:Liga de Campións da UEFA
he:ליגת האלופות#ההמנון הרשמי