Conil de la Frontera (ata 1981, Conil) é unha cidade e concello do sur de España, na provincia de Cádiz, Andalucía. Está situado nunha chaira costeira xunto ó océano Atlántico, 43 km ó sur de Cádiz.

Forma parte da comarca de La Janda e limita con Chiclana de la Frontera ó norte e con Vejer de la Frontera ó leste e sur. Polo oeste limita co océano Atlántico, sendo de grande interese as súas praias.

Economía Tradicionalmente a economía principal foi pesqueira e agro-gandeira. Con todo, na actualidade, esta estase desprazando cara a unha economía baseada no sector servizos, debido ao gran desenvolvemento turístico que xurdiu nesta localidade nos últimos anos, chegando a ser un dos enclaves da costa gaditana con maior interese para os investimentos turísticos.

Demografía

Véxase tamén

Categoría:Cidades de Andalucía Categoría:Concellos da provincia de Cádiz