O EWE Baskets Oldenburg é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Oldenburg, Baixa Saxonia. Fundado en 1954 co nome de Oldenburger TB, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano, e na Eurocup. Xoga os seus partidos no EWE Arena, pavillón con capacidade para 6.069 espectadores.eurobasket.com EWE Baskets Oldenburg - team details, stats, news, roster, consultado en Agosto de 2009 O seu nome deriva do seu principal patrocinador: EWE AG.
Historia O club foi fundado en 1954 como unha sección do club Oldenburger TB. No ano 2001 a sección separouse formando un novo club chamado EWE Baskets Oldenburg, mentres que o antigo Oldenburger TB pasou a ser o sistema de formación e canteira do equipo. O primeiro éxito chegou na temporada 2007−08. O equipo, após finalizar no quinto lugar da liga regular, chegou ata as semifinais do campionato nos play-offs, sendo derrotados polo Alba Berlín, que posteriormente acabaron por proclamarse campións. Con todo, a culminación chegou o ano seguinte. O club finalizou na terceira posición a fase regular, e conseguiron chegar á final das eliminatorias polo título onde venceron ao Telekom Baskets Bonn no quinto e definitivo encontro e conseguiron a súa primeira Bundesliga. Alén diso, a nivel europeo, o equipo consegue acadar o terceiro posto no EuroChallenge após perder nas semifinais da Final Four ante o Pınar Karşıyaka e vencer na loita polo terceiro posto ao BCM Gravelines.
O éxito atinxido en Liga en 2009 outorgou ao EWE Baskets o dereito á xogar a Euroliga 2009−10, aínda que finalizaron no último lugar do seu grupo cunha soa vitoria (81−87 ante o Asseco Prokom Gdynia no Hala Sportowo-Widowiskowa Gdynia na primeira xornada). Na temporada 2012−13 o equipo acaba en segundo lugar na liga regular, chegando nas eliminatorias polo título até a final. Porén, perden por 3−0 ante o Brose Baskets. A pesar de non gañar o título, o equipo volve a gañar o dereito de participar nas rolda clasficatoria para xogar na Euroliga 2013−14. Na primeira rolda conseguen eliminar ao Cimberio Varese (74−79), mais na segunda e penúltima rolda clasficatoria caen ante o Lietuvos rytas (87−99). O seguinte éxto chega na temporada 2014−15, cando o equipo consegue o título da Copa de Alemaña, na cal exercían como equipo anfitrión. No torneo venceron en semifinais ao Telekom Baskets Bonn (71−77) e veneron na final ao Brose Baskets (70−72). Na temporada 2016−17 o equipo debuta na Basketball Champions League e volve xogar unha final de Liga, perdendo de novo na final por 3−0 ante o Brose Baskets.
Temporadas AnoNivelLigaCopa Competicións europeas2001–021 BBL 12ºSubcampión2002–031 BBL 6º2003–041 BBL 5º2004–051 BBL 7º2005–061 BBL 8º2006–071 BBL 9º2007–081 BBL 3º2008–091 BBL 1º 3 EuroChallenge 10–1–52009–101 BBL 5º Cuartos de final 1 Euroliga 1–92010–111 BBL 6º Cuartos de final 2 Eurocup 1–52011–121 BBL 10º Cuartos de final 3 EuroChallenge 9–32012–131 BBL 2º Cuartos de final 3 EuroChallenge 3º 14–32013–141BBL 3ºCuartos de final 1 Euroliga 1–1 2 Eurocup 5–52014–151 BBL 7ºCampión 2 Eurocup 4–62015–161 BBL5º Cuartos de final 2 Eurocup 8–82016–171 BBL 2º 3 Champions League 11–1-62017–181 BBL7º 3 Champions League 10–62018–191 BBL3º Oitavos de final2019–201 BBL4ºSubcampión 2 Eurocup 8–82020–211 BBL5º Fase de grupos2021–221 BBL11º Oitavos de final 3 Champions League 1–5
Títulos Liga de Alemaña Campión (1): 2009 Subcampión (2): 2013, 2017 Copa de Alemaña Campión (1): 2015 Subcampión (2): 2002, 2020 Supercopa de Alemaña Campión (1): 2009 Subcampión (2): 2015
Xogadores Dorsais retirados Dorsais retiradosNºXogadorPosiciónEtapa 6 Daniel Strauch P 2003–2010 8 Pavel Bečka AP 1995–2004, 2006 14 Tyron McCoy E 2001–2007
Destacados
Andre Bade Steven Hutchinson Daniel Strauch Elvir Ovčina Aron Baynes Ruben Boumtje-Boumtje Klemen Prepelič Bryan Bailey Carl Brown Josh Carter Terrel Castle Bill Edwards D'or Fischer Je'Kel Foster Jason Gardner Anthony Grundy Dan Grunfeld Chris Kramer Tyron McCoy Rickey Paulding Desmond Penigar Doron Perkins Bobby Brown Julius Jenkins Kristaps Valters Pavel Bečka Felipe López
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Páxina do equipo en Eurobasket.com
Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña