Luís Iglesia Besteiro, nado en Riotorto o 2 de febreiro de 1962, é un actor galego de cine, televisión e teatro, ademais de actor de voz e director de dobraxe.
Traxectoria
Inicios miniatura|Luís Iglesia en Sede de mal. Comezou na televisión co-presentando en 1987 o programa infantil da TVG, Rapaces, e en 1997 Cousa, Cousiña. Traballou no teatro con varias compañías, especialmente con Teatro do Aquí en obras como Rastros, en curtametraxes como Contar, de Teo Manuel Abad, e no mundo da dobraxe, como actor e director, converténdose na voz habitual de Harrison Ford, Robert De Niro, Mel Gibson, Paul Newman, Chuck Norris ou Garfield, entre outros."Harrison Ford coida que as clases humildes salvaron o galego", artigo en El Progreso, 15 de maio de 2008. En 1999 apareceu nun episodio da coñecida serie Mareas Vivas.
Anos 2000 En 2001 comezou a interpretar a Antón en Terra de Miranda, papel que realizou durante as primeiras tres temporadas da serie. Durante eses anos apareceu como secundario en varios filmes como Entre bateas (2002), O agasallo de Silvia (2003), A promesa (2004), Heroína (2005) ou Pataghorobí (2005), en series como Pepe Carvalho (2003), As leis de Celavella (2004), Libro de familia (2005) ou Hospital Central (2008) e en curtametraxes como Palíndromo (2008).
Anos 2010 Dende 2009 e ata 2013 interpretou o narcotraficante Carmelo Matalobos, na serie da Televisión de Galicia, Matalobos,"Matalobos, un «thriller» con acento lucense", artigo en La Voz de Galicia, 12 de abril de 2009. sendo este o seu primeiro papel como protagonista. A serie foi un éxito de audiencia e converteuse nun fenómenos social en Galicia, loada por crítica e público, e o papel de Luis Iglesia como o xefe do clan valeulle catro nomeamentos consecutivos como candidato ao Premio Mestre Mateo ao mellor actor.
Paralelamente a Matalobos participou en varias series e miniseries fóra de Galicia: No soy como tú (2010), producida por Antena 3, e Piratas (2011), Ángel o demonio (2011) e La fuga (2012), de Telecinco. Tamén no 2012 actuou no filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpretou a personaxe de Breixo de adulto. En 2013 participou no filme Somos xente honrada de Alejandro Marzoa e na miniserie histórica galego-catalá Salgadura. Así mesmo, protagonizou a obra de teatro Gaivotas subterráneas, coa que gañou o Premio Fetega ao mellor actor de teatro e deu voz ó Dicionario de pronuncia da lingua galega do Instituto da Lingua Galega.Créditos do Dicionario de pronuncia da lingua galega.
En 2014, meteuse no papel de Emilio en Libro de familia, personaxe que interpretou ata o final da serie en 2018. Tamén no 2014 interpretou o organista da Catedral de Santiago na miniseria Códice e puxo voz a Hachibaldo no filme animado de Ernesto Padrón, Maimiño e o espello máxico. En 2015 apareceu no filme A praia dos afogados, de Gerardo Herrero e ao ano seguinte tivo un pequeno papel en Julieta, de Pedro Almodóvar, así como na curtametraxe Vida, de Manuel Garrido e Rubén Riós.
En 2017 apareceu en varios episodios da serie de TVE El ministerio del tiempo, e en 2018 en Vivir sin permiso, serie de Telecinco inspirada nun relato de Manuel Rivas. Tamén ese ano traballou en Las Brujas de E'lente, de Simón Vázquez, o primeiro filme de cine fantástico rodado na provincia de Ourense. En 2019 actuou como Augusto Mendoza en Lobos e cordeiros, fixo de narrador para a Real Filharmonía de Galicia, recitando a Oscar Wilde, e dende setembro interpretou o excomisario Emilio Fortes nos primeiros episodios da serie A estiba, da TVG.
Filmografía
Filmes
Entre bateas (2002). Como Xocas. Autopsia (2002). Como o Rubio. Cota vermella (2003). Como primeiro oficial. O agasallo de Silvia (2003). Como doutor. A rosa de Alexandría (2003) Como Ginés. A promesa (2004). Como doutor. Heroína (2005). Como Juanjo. Pataghorobí (2005). Como home do bar. Secuestrados (2010). Como Javier. Vilamor (2012). Como Breixo Somos xente honrada (2013). Como Sandro. A praia dos afogados (2015). Como forense Guzmán Barrio. Julieta (2016). Como forense. Las Brujas de E'lente (2018). Como Adolfo.
Series de TV
Mareas Vivas (1999). 1 episodio (Tempada 2. Episodio 10. ¿Por que soan as campás?). TVG. Un mundo de historias (2000). Terra de Miranda (2001-2003). Como Antón. TVG. Pepe Carvalho (2003). Como Ginés. As leis de Celavella (2004). Como Marcial Iglesias. TVG. Libro de familia (2005). Como Sotomayor. TVG. Hospital Central (2008). Como Lorenzo. 1 episodio (Tempada 16. Episodio 14. La puerta está abierta). Matalobos (2009-2013). Como Carmelo Matalobos. TVG. No soy como tú (2010). Como Jiménez. Piratas (2011). Como Gaspar Falcón. Ángel o demonio (2011). Como Coronel Medina. 2 episodios. La fuga (2012). Como Enrique Graus. Salgadura (2013). Como Pousa. Pazo de familia (2014-2018). Como Emilio. TVG. Códice (2014). Como Joaquín Veiga. TVG. El ministerio del tiempo (2017). Como Bosco de Sobrecasa. La 1. Vivir sin permiso (2018). Telecinco. Lobos e cordeiros (2019). Como Augusto Mendoza. A estiba (2019). Como Emilio Fortes. TVG. Serramoura. TVG.
Curtametraxes
Contar (1994). Xinetes na tormenta (2001). Como Bou. Ruleta (2002). Como Beltrán. Nai que non fuches (2003). Como home. A teoría do espello (2004). Como Lucio. Premio (2006). Como profesor. O máis rico do cemiterio (2007). Como Gustavo. Palíndromo (2008). Como profesor. Dies dei (2008). Como médico. Maldita mañana (2008). Como Deus. Crónica das soidades urbanas (2008). Como home. Mr. Smith & Mrs. Wesson (2012). Como Y. Kalashnikov. Pecados (2012). Como detective. Flores para Amalia (2013). Lurna (2015). Como Ruso. Vida (2016).
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2009Mellor actorMatalobosNomeado2010Mellor actorMatalobosNomeado2011Mellor actorMatalobosNomeado2012Mellor actorMatalobosNomeado Premios Fetega Ano Categoría Obra Resultado2013Mellor actor de teatroGaivotas subterráneasGañador
Outros
2026: Primeiro Premio Xosé Manuel Olveira "Pico", galardón do Observatorio do Teatro Galego que reivindica a excelencia na lingua oral.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Garfield e mailos seus amigos A lexión dos superheroes O detective Conan One Piece Shin-chan Walker, ranger de Texas
Ligazóns externas Currículo O soportal do audiovisual galego Galegos.info Palestra de Luís Iglesia sobre dobraxe en YouTube. Conversa con Luís Iglesia en YouTube.
Categoría:Actores de Riotorto Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de voz de Galicia Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Nados en Riotorto Categoría:Nados en 1962