Aclis ascaris é unha especie de micromolusco gasterópodo terrestre e mariño da familia Aclididae que acada ata 6 mm (aínda que a maioría teñen uns 2–3 mm) e que amosa unha cuncha alongada e branca que presenta ao longo da súa superficie uns catro finos cordóns espirais que percorren as espiras ata o ápice.

Esta é unha especie infralitoral que vive enterrada na area a unhas profundidades que oscilan entre 0 e -5 metros.

Distribución A especie está estendida polas costas do océano Atlántico e o mar Mediterráneo.

Distribución en Galicia Atopáronse exemplares nas proximidades do concello de Baiona.

Bibliografía Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt, Guía dos moluscos de Galicia, 322 páx., Editorial Galaxia, 1996, ISBN 84-8288-072-1.

Véxase tamén Ligazóns externas .

Categoría:Gasterópodos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1819