O Baskonia S.A.D., é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. O Baskonia compite na Liga ACB española, onde é un dos clubs máis potentes, e na Euroliga. Entre os seus logros destacan catro títulos da Liga ACB, seis Copas do Rei e unha Copa Saporta. O Baskonia xoga os seus encontros como local no Fernando Buesa Arena, un pavillón con capacidade para 15 504 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex xogador Josean Querejeta.

Historia Comezos O equipo de baloncesto Saski Baskonia naceu en 1959 como a sección de baloncesto do Club Deportivo Vasconia, presidido por Félix Ullivarriarrazua.Na súa primeira tempada o club foi adestrado por Vicente Elejalde, acabando ese ano no segundo lugar do Campionato Provincial de Áraba. Durante os anos 1960 o Baskonia foi un dos equipos máis puxantes desa categoría, conseguindo finalmente en 1970 a primeira posición no campionato de Terceira División.

A partir da vitoria na Terceira División, o Vasconia consegue o ascenso á máxima categoría do baloncesto nacional. Xa na Primeira División, no seu primeiro encontro da man do adestrador Pepe Laso, conseguen o seu primeiro triunfo tras bater aos galegos do Breogán de Lugo por 92 a 71. En 1977 o presidente José Luis Sánchez Erauskin troca o nome do equipo cambiando o V por un B, pasando a chamarse Basconia-Schweppes. Tres anos despois, en 1981 o equipo descende á "Primeira B", aínda que conseguindo retornar en tan só unha tempada.

Regreso á elite miniatura|O Baskonia en 2007. O regreso á elite do Saski Baskonia coincidiu coa creación da Asociación de Clubs de Baloncesto e a nova e completamente profesional Liga ACB en 1983. Dous anos despois o club consegue o seu primeiro título, a Copa Asociación, un trofeo disputado entre os eliminados na primeira rolda dos play-offs polo título, gañando o Arabatxo Baskonia ao CAI Zaragoza na final por 93 a 85. Esta competición só se disputou ese ano, o que converte o Saski no único campión, con todo a Copa Príncipe de Asturias é considerada a súa sucesora oficial.

Esta vitoria permitiu ao equipo participar por primeira vez en competicións europeas, debutando cun triunfo fronte ao Super Cracks neerlandés e unha posterior derrota fronte ao Villeurbanne. En 1987 comezaría o patrocinio de compañía de cerámica Taulell S.A., que patrocinou ao club cos nomes de Taugré e TAU Cerámica até o ano 2009. O ano seguinte tamén supuxo un cambio importante na estrutura do club, xa que da man do presidente Josean Querejeta, o Taugrés convértese na primeira asociación anónima deportiva do estado, pasándose a denominar oficialmente Saski Baskonia S.A.D.

Converténdose nunha potencia miniatura|300px|O Fernando Buesa Arena, fogar do Baskonia dende 1991. Co comezo da década, a normativa da ACB que obriga a que os pavillóns teñan capacidade para máis de 5.000 espectadores, leva ao club a trasladarse dente o Pavillón de Mendizorroza ao Pavillón Araba. Co troco do estadio os resultados deportivos non tardarían en chegar, en 1991 o Taugrés volve a Europa, acudindo dende ese ano de xeito regular.

O primeiro gran título chegou finalmente en 1995, gañando o Taugrés a Copa do Rei tras vencer na final celebrada en Granada ao Amway Zaragoza por 88 a 80. Pablo Laso do Baskonia foi nomeado MVP. Ao ano seguinte un novo título chegou ás vitrinas dos vitorianos, a Copa Saporta, tras vencer na final por 88 a 81 ao PAOK Tesalónica BC grego. Durante os anos noventa volveu a conseguirse un título, outra Copa do Rei de 1999, esta vez tras gañar ao Caja San Fernando por 70 a 61 en Valencia. O ano 1999 tamén é salientable dentro da historia do club, descantando a ampliación do Buesa Arena até 9.500 espectadores e o debut dos vascos na máxima competición continental, a Euroliga.

Chegan os éxitos Por fin na temporada 2001−02 chegou a primeiro título de liga ao Baskonia. Trala chegada de Duško Ivanović, lendario ex xogador da Jugoplastika, ao banco como adestrador, conseguiron impoñerse na final do campionato ao Unicaja Málaga por un contundente 0 a 3. Chegando tamén ese mesmo á final da Euroliga, aínda que con peor resultado, xa que perderon na final, no quinto partido de desempate, fronte á Kinder Bologna de Italia.

Outros éxitos que chegaron durante o comezo do milenio foron tres Copas do Rei (2002, 2004, 2006), catro Supercopas (2006, 2007, 2008, 2009) e un novo título de liga en 2008, esta vez con Neven Spahija como adestrador, tras vencer na final ao FC Barcelona de novo por 0 a 3. Ademais, aínda que non volveu a conseguir un título a nivel europeo, chegou a disputar tres Final Four da Euroliga, Moscova 2005, Praga 2006 e Atenas 2007. Na tempada 2008−09 volveu ao banco Duško Ivanović e con el gañaron ese ano a súa sexta Copa do Rei, despois de derrotar a Unicaja Málaga por 98-100 na final, e ao ano seguinte a súa terceira liga ACB, derrotando ao FC Barcelona por 3 a 0 na final.

Tras uns anos cunha traxectoria máis discreta, na tempada 2019−20, e de novo con Ivanović como adestrador, o Baskonia volveu gañar a liga por cuarta vez na súa historia. O campionato foi suspendido na xornada 23 debido á pandemia de COVID-19, e a pesar de que Baskonia ocupaba a oitava praza neses momentos, foi quen de vencer na fase final extraordinaria de doce equipos que se disputou en Valencia, derrotando na final de novo ao FC Barcelona, por 67−69.

Patrocinios Fóra de España, o club foi a miúdo coñecido como TAU Cerámica Baskonia,Morre o Tau Baskonia e nace o Caja Laboral Baskonia unha marca comercial de cerámica manufacturada pola compañía valenciana Taulell S.A, cuxo nome patrocinou ao club dende 1986 a 2009. Orixinariamente, Taulell utilizaba un nome distinto doutra marca comercial súa para patrocinar ao equipo, Taugrés, antes de cambiar a TAU Cerámica Baskonia en 1997. Ademais dos xa citados, TAU, Baskonia e TAU Baskonia eran nomes frecuentes para referirse ao club. Cómpre sinalar que o nome oficial do club é Baskonia, Saski Baskonia, ou de xeito completo Saski Baskonia S.A.D. En 2009, a cooperativa de aforro e crédito vasco "Caja Laboral" (en lingua castelá: Caja Laboral Popular Sociedad Cooperativa de Credito ou en éuscaro: Lan Kide Aurrezkia - Euskadiko Kutxa) converteuse na nova denominación de patrocinador do club, incrementando a cantidade de cartos cos que o patrocinador contribúe ás arcas do club. O 27 de abril de 2013, "Laboral Kutxa" converteuse no novo patrocinador do Baskonia, tras a fusión de Caja Laboral e Ipar Kutxa.

Caja Álava (1983–1987) Taugrés (1987–1997) Tau Cerámica (1997–2009) Caja Laboral / Laboral Kutxa (2009–2016) Kirolbet (2018–2020) TD Systems Baskonia (2020–2021) Bitci Baskonia (2021–presente)

Xogadores Cadro actual

Destacados A pesar de non teren retirado ningún número na súa historia, tres dos xogadores máis destacados da historia do equipo teñen unha camisola co seu número pendurada no Fernando Buesa Arena: Pablo Prigioni (#5), pendurada en 2017; Igor Rakočević (#8) e Sergi Vidal (#9), penduradas en 2020.

Carlos Cabezas José Calderón Carlos Cazorla Mikel Cuadra Xabier Davalillo Ilimane Diop Jorge Garbajosa Roberto Íñiguez Pablo Laso Alberto Ortega Fernando San Emeterio Chicho Sibilio Pau Ribas Sergi Vidal Aitor Zárate Tibor Pleiß Walter Herrmann Marcelo Nicola Andrés Nocioni Fabricio Oberto Pablo Prigioni Luis Scola Mirza Teletović Marcelo Huertas Tiago Splitter Georgi Glouchkov Velimir Perasović Zoran Planinić Darko Planinić Roko Ukić Richard Petruška Goran Dragić Jaka Blažič Victor Alexander Jerome Allen J. J. Anderson Joe Arlauckas Ken Bannister Scooter Barry Elmer Bennett Anthony Bonner Ryan Bowen Rickey Brown Lionel Chalmers Chris Corchiani Pat Durham Rashard Griffith Travis Hansen Essie Hollis Casey Jacobsen Mike James Linton Johnson Randolph Keys Shane Larkin Will McDonald Larry Micheaux Pete Mickeal Drew Nicholas Dan O'Sullivan Lamar Odom Pierriá Henry Lou Roe Brent Scott James Singleton Matt Steigenga Nikita Wilson David Wood Hanno Möttölä Jim Bilba Laurent Foirest Thomas Heurtel William Phillips Kevin Séraphin Ioannis Bourousis Christos Charissis Kornél Dávid Ádám Hanga Pat Burke Lior Eliyahu Andrea Bargnani Achille Polonara Stefano Rusconi Dāvis Bertāns Jānis Timma Simas Jasaitis Rimantas Kaukėnas Arvydas Macijauskas Saulius Štombergas Mindaugas Timinskas Predrag Drobnjak Thomas Kelati Maciej Lampe David Logan Ramón Rivas Andrew Betts Miroslav Berić Nemanja Bjelica Vladimir Micov Dejan Tomašević Igor Rakočević Ender Arslan Serkan Erdoğan Kaya Peker

Galardóns individuais

MVP da ACB Kenny Green – 1997 Andrés Nocioni – 2004 Luis Scola – 2005, 2007 Tiago Splitter – 2010 Fernando San Emeterio – 2011 Ioannis Bourousis – 2016

Xogador Revelación da ACB Mirza Teletović – 2008

MVP das Finais da ACB Elmer Bennett – 2002 Pete Mickeal – 2008 Tiago Splitter − 2010 Luca Vildoza − 2020

MVP da Copa do Rei Velimir Perasović – 1994 Pablo Laso – 1995 Elmer Bennett – 1999 Dejan Tomašević – 2002 Pablo Prigioni – 2007 Mirza Teletović – 2009

MVP da Supercopa ACB Luis Scola – 2005 Tiago Splitter – 2006, 2007 Pablo Prigioni – 2008

Campión do Concurso de Triplas Juan Espil – 1997 Igor Rakočević – 2007

Primeiro quinteto da ACB Andrés Nocioni – 2004 Luis Scola – 2004, 2005, 2006, 2007 José Manuel Calderón – 2005 Pablo Prigioni – 2006, 2007, 2009 Igor Rakočević – 2009 Tiago Splitter − 2010 Marcelinho Huertas − 2011 Fernando San Emeterio − 2011 Mirza Teletovic − 2012 Darius Adams − 2016 Ioannis Bourousis − 2016 Ádám Hanga – 2017 Tornike Shengelia – 2018 Pierriá Henry – 2021

Segundo quinteto da ACB Ádám Hanga – 2016 Shane Larkin – 2017 Tornike Shengelia – 2019 Vincent Poirier – 2019

Primeiro quinteto da Euroliga Dejan Tomašević – 2002 Arvydas Macijauskas – 2005 Luis Scola – 2006, 2007 Tiago Splitter – 2008 Igor Rakočević – 2009 Fernando San Emeterio − 2011 Ioannis Bourousis − 2016 Tornike Shengelia – 2018

Segundo quinteto da Euroliga Andrés Nocioni – 2003, 2004 Luis Scola – 2005 Pablo Prigioni – 2006, 2007 Igor Rakočević – 2007 Tiago Splitter – 2009, 2010 Vincent Poirier – 2019

Adestradores

Vicente Elejalde (1959–1969) Pepe Laso (1969–1977) Juan Antonio Ortiz de Pinedo (1977–1978) Iñaki Iriarte (1978–1980) Manu Moreno (1980–1981) Iñaki Iriarte (1981–1983) Juan Antonio Ortiz de Pinedo (1983) Txema Capetillo (1983–1984) Xabier Añúa (1984–1985) Pepe Laso (1985–1987) Manu Moreno (1987–1989) Željko Pavličević (1989–1990) Herb Brown (1990–1992) Iñaki Iriarte (1992–1993) Manel Comas (1993–1997) Sergio Scariolo (1997–1999) Salva Maldonado (1999) Julio Lamas (1999–2000) Duško Ivanović (2000–2005) Pedro Martínez (2005) Velimir Perasović (2005–2007) Natxo Lezkano (2007) Božidar Maljković (2007) Neven Spahija (2007–2008) Duško Ivanović (2008–2012) Žan Tabak (2012–2013) Sergio Scariolo (2013–2014) Marco Crespi (2014) Ibon Navarro (2014–2015) Velimir Perasović (2015–2016) Sito Alonso (2016–2017) Pablo Prigioni (2017) Pedro Martínez (2017–2018) Velimir Perasović (2018–2019) Duško Ivanović (2019–2021) Neven Spahija (2021–2022) Joan Peñarroya (2022–presente)

Palmarés Títulos internacionais Euroliga 2000−2001 Subcampión (Campión Kinder Boloña) 2004−2005 Subcampión (Campión Maccabi Tel-Aviv) 2005−2006 Terceiro posto (derrota contra o Maccabi Tel-Aviv en semifinais e vitoria contra o F.C.Barcelona no 3º e 4º posto) 2006−2007 Cuarto posto (derrota contra o Panathinaikos en semifinais e contra Unicaja Málaga no 3º e 4º posto) 2007−2008 Cuarto posto (derrota contra o CSKA Moscova en semifinais e contra Montepaschi Siena no 3º e 4º posto)

Copa Saporta (1 título)